17 nov 2012

LECTURAS para a 2ª REUNIÓN

Estes son os libros escollidos para a próxima xuntanza do 26 de NOVEMBRO

OS ESCARAVELLOS VOAN Á TARDIÑA de María Gripe 
(para os Laretiñas)

AS FRONTEIRAS DO MEDO de Agustín Fernández Paz
(para os Laretas)


1ª reunión do club (curso 12-13)

O pasado 5 de novembro o patio interior do IES arrecendía a pizza e a libros. Curiosa combinación para unha primeira xuntanza na que os "Laretiñas" de 1º e 2º se iniciaban no ritual máxico das lecturas compartidas e bulían por participar. Entre outros temas, falouse de "auroras boreais" e de brúxulas, contemplando unha bonita peza de barco que aportou Amparo ó tempo que todos aprenderon a "non perder o Norte". Para aqueles que non leran o libro "La brújula dorada: Luces del Norte", aquí tedes unha pequena guía de lectura.


Pola súa parte, os Laretas do club de 4º compartiron detalles da alucinante viaxe de Allan Karlsson, protagonista de "El abuelo que saltó por la ventana y se largó" e coñeceron de primeira man boa parte da historia do século XX.

Estas fotos recollen distintos momentos do xantar conxunto dos Laretas e Laretiñas e dos posteriores coloquios




5 nov 2012

"El abuelo que saltó por la ventana...": algunhas referencias históricas e culturais

Buscando documentación sobre o autor, demos coa sua páxina web. Nela hai un interesante mapamundi interactivo que ofrece (en inglés)información sobre algúns dos escenarios da novela e sobre os acontecementos históricos nos que participa o protagonista. Un exemplo:
Se premedes na cidade na que nace e pasa a súa infancia Allan, atoparedes tamén datos sobre a I Guerra Mundial, sobre os famosos ovos de Fabergé, a Revolución Rusa de 1917 ou sobre os estudos de "Bioloxía Racial" (Race Biology) que se levaron a cabo en Suecia nos anos previos á II Guerra Mundial.

Na novela de Jonasson atopamos tamén algunhas REFERENCIAS MUSICAIS que podedes escoitar aquí.
  • En Teherán, Allan asegura ter provocado a caída do avión no que viaxaba Glen Miller, autor da coñecida "Moonlight Serenade".


  •  Mentras comparte unhas copas de vodka co investigador ruso Popov, este interpreta a aria "Nessun Dorma" da ópera Turandot de Puccini.




4 nov 2012

EL ABUELO QUE SALTÓ POR LA VENTANA Y SE LARGÓ

Neste enlace podedes ver unha interesante entrevista a Jonas Jonasson, o autor do libro que temos entre mans, dentro do programa de televisión sobre os libros e a lectura "PÁGINA 2".

Aqui deixamos tamén un triptico que ofrece, dun xeito resumido, algúns dos lugares visitados polo protagonista da historia, xunto cun pequeno xogo e a biografía do autor.

LECTURAS para a 1ª REUNIÓN


Empezamos con forza. Para a primeira xuntanza deste ano estes son os títulos:
Novela dos "Laretas"

Libro escollido polos Laretiñas




NOVO CURSO E CALENDARIO DE REUNIÓNS

Aquí estamos de volta un ano máis cunha chea de novidades!.
De entrada anunciámosvos que o club vai medrando: empezamos sendo un grupiño de 5 rapaces e 4 profes no curso 10-11 e neste xa somos 29 (24 rapaces e 5 profesoras). Parece que o "virus" da lectura compartida anda a facer das súas contaxiando cada vez a máis xente!. De feito, neste curso existirán en paralelo 2 clubs de lectura:
  • Dunha parte, estrénanse os "Laretiñas" de 1º e 2º de ESO: un total de 15.
  • Doutra, os xa veteranos "Laretas" de 4º continúan neste curso con 2 novas incorporacións ás que lle damos a benvida.
Xunto con eles contaremos coa colaboración de Amparo, Elvira, Fredes, Lucía, Manuela e Dolores.  
Como recordatorio para todos deixamos aquí o calendario previsto de xuntanzas:

1ª REUNIÓN: 5 novembro
2ª REUNIÓN: 26 novembro
3ª REUNIÓN: 17 decembro
4ª REUNIÓN: 21 xaneiro
5ª REUNIÓN: 18 febreiro
6ª REUNIÓN: 18 marzo
7ª REUNIÓN: 15 abril 
8ª REUNIÓN: 13 maio
9ª REUNIÓN: 26 xuño



..e un pequeno agasallo: unha foto que recolle distintos momentos das actividades que levamos a cabo no curso 2011-12 (se pinchades nela verédela ampliada). Esperamos disfrutar, cando menos, tanto como o fixemos o pasado ano.






16 jun 2012

OS LARETAS en OURENSE

A lectura de "As sete mortes" neste curso ofreceunos a disculpa perfecta para viaxar a Ourense. Podería ter sido Lugo, A Garda, Fisterra, O Coural, A Coruña ou calquera dos escenarios nos que se desenvolve a novela de Carlos Vila Sexto, pero esta vez tocoulle a Ourense, unha cidade aínda descoñecida para moitos.  Botamos en falla a tres dos membros do club, Alba, Tatiana e Amparo, que por distintos motivos non puderon acompañarnos.
Ourense non nos defraudou: recibiunos cun tempo espléndido (coa temperatura xusta) que nos permitiu disfrutar da visita a parte do seu rico patrimonio:
  • Contemplamos a Ponte do Milenio e percorrimos preto de 500 escalóns poñendo a proba a nosa forma física (alguén andivo nos días seguintes cunhas tremendas maniotas nos xemelgos).
  • Achegámonos ás Burgas, as fontes termais que dan nome á cidade.
  • Percorrimos o casco histórico: a Praza Maior, Praza do Trigo, Catedral....
  • Rematamos a mañá visitando o Museo do Tren, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Alí, da man de Curros Enríquez e do guía do museo, coñecimos a historia da chegada do tren á cidade e admirámonos coa colección de preto de 4000 pezas reunidas por Manuel Fernandez Pacheco, un madrileño que iniciou a súa afeción polos trens despois de recibir como regalo de seu pai un tren de xoguete "PAYÁ".
  • Para rematar unha xornada redonda, desprazámonos como auténticos turistas no Tren das Termas que nos levou a Outariz, onde xantamos e nos puxemos a remollo nas súas pozas termais. Saímos renovados e coas baterías cargadas para seguir o vindeiro ano reuníndonos ó redor dos libros (e da comida).
Para dar fe de todo este percorrido, compartimos convosco estas fotos que recollen algúns dos momentos da visita.
Aquí vos deixamos tamén o poema de Curros Enríquez :
"Na chegada a Ourense da primeira locomotora -1881-"


Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.

11 jun 2012

"COMETAS EN EL CIELO"

A piques de rematar este intenso ano de convivencia no club "Laretas", propuxemos ós seus membros a lectura dun libro que nos chega precedido dun éxito rotundo en todo o mundo. Un libro que toca a fibra sensible tanto dos lectores máis novos como dos adultos: COMETAS EN EL CIELO de  Khaled Hosseini.


Non imos a desvelar a súa trama, pero aquí tedes algúns enlaces que vos poden axudar a entender mellor a historia de Amir e Hassan, os dous amigos afghanos protagonistas do relato.

Así por exemplo, dende o IES los Batanes de Viso del Marqués -Ciudad Real-, o profesorado ofrécenos no seu blog  "Cometas en el Viso" un acercamento ó contexto histórico do país no que transcorre a historia : AFGHANISTÁN. (clica na palabra para acceder á información).

Por se non sabes en que lugar do planeta queda este país, mira no mapa.


Tamén podes viaxar virtualmente ós lugares mencionados no libro e facer un percorrido literario con esta fantástica ferramenta: Google Literary Trips. Só precisas ter instalado no teu ordenador GOOGLE EARTH e poñer a proba os teus coñecementos de inglés (por certo: o título orixinal do libro é "THE KITE RUNNER")
Preme na foto para acceder á páxina de Google Literary Trips. Teclea os título do libro en inglés e unha vez que estés dentro abre o 4º documento.





19 may 2012

RECTA FINAL con "Los Juegos del Hambre" (21 MAIO)

Entrados xa na recta final deste curso, los membros do club sucumbimos a esa ola de moda que parece invadir ós adolescentes de medio mundo coa lectura do primeiro libro da triloxía " LOS JUEGOS DEL HAMBRE" (por certo, xa temos os tres volumes da saga na biblio do centro, así que apurade que hai cola!)


Na última reunión, propuxéronse varias lecturas para os dous encontros que quedan antes de rematar o curso e, curiosamente, houbo unha clara unanimidade dos "Laretas" á hora de decantarse polo best-seller de Suzanne Collins. O estreno na gran pantalla da película baseada nesta triloxía ten boa parte de "culpa".



Así que xa sabedes: na próxima reunión a celebrar este LUNS 21 DE MAIO destriparemos polo miúdo a trama que se desenvolve ó redor dos 74º Xogos da Fame. 
Por se alguén aínda non escoitara falar do fenómeno "Juegos del Hambre" aquí tedes pequenos retazos sobre a obra para ir espertando o apetito de lela.


ARGUMENTO (Fonte: Lecturalia.com)."Es la hora. Ya no hay vuelta atrás. Los juegos van a comenzar. Los tributos deben salir a la Arena y luchar por sobrevivir.
Ganar significa Fama y riqueza, perder significa la muerte segura...
¡Que empiecen los Septuagésimo Cuartos Juegos del Hambre!
Un pasado de guerras ha dejado los 12 distritos que dividen Panem bajo el poder tiránico del “Capitolio”. Sin libertad y en la pobreza, nadie puede salir de los límites de su distrito. Sólo una chica de 16 años, Katniss Everdeen, osa desafiar las normas para conseguir comida. Sus prinicipios se pondrán a prueba con “Los juegos del hambre”, espectáculo televisado que el Capitolio organiza para humillar a la población. Cada año, 2 representantes de cada distrito serán obligados a subsistir en un medio hostil y luchar a muerte entre ellos hasta que quede un solo superviviente. Cuando su hermana pequeña es elegida para participar, Katniss no duda en ocupar su lugar, decidida a demostrar con su actitud firme y decidida, que aún en las situaciones más desesperadas hay lugar para el amor y el respeto".



21 abr 2012

PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB: 23 DE ABRIL

A viaxe a Valencia de parte do alumnado de 3º ESO  obrigounos a pospoñer a data de reunión inicial para unha semana máis tarde. Así que será este luns 23 de abril o día en que nos xuntemos de novo os "Laretas" para comentar impresións trala lectura de "SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO " (título orixinal: THINK OF A NUMBER). Se queredes podedes coñecer ó autor nesta entrevista que lle fixeron no programa de televisión "Página 2" (ide ó minuto 6, 20")


Non deixa de ser unha feliz coincidencia que celebremos esta reunión o DÍA do LIBRO, e para ir quentando motores propoñemosvos que vaiades pensando nun título (ou nun autor) que vos marcara especialmente na vosa traxectoria como lectores.

 A que é máis complicado do que parece???

20 mar 2012

MÁIS RESEÑAS DE LECTORES

Dúas novas opinións de Alba Calo, unha incansable lectora de 1º A

AMANECER de Stephenie Meyer
Gustoume moitísimo. Foi o que máis me enganchou, por así dicilo, da saga. Teño en conta que non houbo loita e que ao mellor sería máis emocionante con ela, pero enamoroume de todos modos. Creo que foi un punto bo da autora, xa que favorece á historia que sexa contado en 1ª persoa. Creo que así causa máis emoción no lector. 
Recoméndolle o libro a calquera, teña a idade que teña. En xeral, creo que é unha saga fantástica.


LOS MUNDOS DE CORALINE ( película)
Disgustoume moitísimo. Non me gustou nin me atraeu nin un só segundo da peli; pode que fose pola idade ou mesmo polos gustos. Algúns amigos recomendáronma. Eu non lla recomendaría a ninguén, non me gustou o argumento da historia. Iso é todo. Pareceume soso; necesitaba complementos, adornos. Así e todo, "para gustos, colores".


CORREDORES DE SOMBRA

Trala nosa derrareira xuntanza, arredor da noveliña de A. Fernández Paz "Corredores de sombra", tivemos ocasión de comprobar a variedade de opinións que a lectura desta obra suscitou: mentras que o sector máis adulto (profes) coincide en que se trata dunha novela de lectura agradable, cun argumento creíble e interesante que é capaz de manternos en vilo ata o final, os lectores máis novos (alumnos) opinaron que Corredores de sombra "está ben", déixase ler pero, sorprendentemente, tamén comentan que o argumento édemasiado simple e lineal e, ata certo punto, predecible.
Aínda así, a obra foi a disculpa perfecta para falar de multitude de temas: a música dos 70-80 (The Clash, Nirvana...), arquitectura galega (pazos e casas de indianos), a guerra civil e o exilio, as diferencias de clase ...

Para a vindeira reunión, do 16 de abril, Sergio Mayo propuxo a lectura de "SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO", un best-seller do norteamericano John Vernon. Se queredes podedes ler o comentario que no seu momento fixera Sergio neste mesmo blog. Clicade na portada do libro para velo