26 oct 2013

"QUANTIC LOVE"(3): os libros de Laila

Laila é unha moza con escasa formación científica pero cunha gran curiosidade por aprender. Para elo se enfrasca na lectura dalgúns títulos que colle na biblioteca do CERN. Por se tamén queres ampliar os teus coñecementos científicos deixamos aquí eses libros mencionados pola aprendiz.

O seu pai regálalle unha axenda Moleskine cunha cita de Peter Mathiessen ("Un home sae de viaxe e é outro o que regresa") autor de "EL LEOPARDO DE LAS NIEVES", a novela de viaxes favorita do pai de Laila.
No capítulo 6 lemos:"...Arthur hojeaba un libro que esa misma mañana, yo había sacado de la biblioteca del CERN. El título me había llamado la atención: "Está Usted de broma Mr. Feynman?"... al parecer narraba anécdotas de uno de los mejores físicos -y uno de los más excéntricos del siglo pasado (p. 43)"

No capítulo 8, Alessio explica a Laila que Gell-Mann, o físico que teorizou sobre os quarks, sacou a palabra dunha novela incomprensible de James Joyce titulada FINNEGANS WAKE. "El pasaje decía algo así como: "Three quarks for Muster Mark! Sure he has not much of a bark. And sure any he has it's all beside the mark".

Durante o picnic que celebran no lago Leman, os protagonistas da historia falan de visitar a Villa Diodati, mansión de verán de Lord Byron, na que Mary Shelley deu vida á súa obra mestra, Frankenstein ( considerada o primeiro texto de ciencia ficción).
Finalmente, se como a Laila che atraen os libros de divulgación científica, anímate a ler UNA BREVE HISTORIA DE CASI TODO (e a súa versión ilustrada "Una muy breve historia de casi todo" que atoparás na nosa biblioteca).


"QUANTIC LOVE" (2): a MÚSICA NO LIBRO

Xa sabes que o libro ten como banda sonora oficial unha canción do grupo NIKOSIA recollida nas páxinas finais. Con permiso de YOUTUBE e deste grupo, aquí a tedes:

  
Ó longo da estancia de Laila no CERN a música está moi presente marcando  distintos momentos das súas vivencias alí. Aquí tes algúns exemplos para que amplíes a túa cultura musical:

  • Cando Layla chega á residencia do Cern por primeira vez, cansada trala viaxe túmbase na cama e selecciona no seu IPod Nano unha pista de Nikosia, Melancholy nº1. "Aquella canción encajaba como anillo al dedo en mi estado de ánimo" (p. 18)


  • No capítulo 6, tras coñecer a Brian , chega á súa habitación de cuxo "interior surgía el ritmo encabalgado de Knights of Cydonia, de Muse" (p.39):




  • A protagonista visita a cidade de Xenebra na súa primeira cita con Alessio para acodir a un concerto de jazz. Alí, o xornalista suizo fálalle dunha das cancións interpretadas, "MAD ABOUT THE BOY". "La original, de Dinah Washington, tenía letra. Habla de una jovencita que se enamora locamente de un chico que le quita el sueño". (p. 101)

  • Angie e os seus amigos danlle a coñecer a Laila o grupo "Les Horribles Cernettes", banda fundada no CERN por unha secretaria farta de esperar ó seu mozo químico. A canción "COLLIDER" trata das solitarias noites que sofre a desgraciada moza do científico que lle adicaba máis tempo á busca de partículas diminutas cá ela (p. 111-12). UNHA CURIOSIDADE: este grupo musical protagonizou a primeira foto subida á World Wide Web e foi o primeiro en dispoñer de páxina web no ano 1992.


  • No auditorio do CERN a xoven camareira, Laila, aproveita para ver como era a sala que concentraba tantos "cerebritos". Alí descobre un piano e interpreta "la única canción que me sé de memoria... No Holly for Miss Quinn de Enya" (p.134)


"QUANTIC LOVE" (1): CIENCIA E CIENTÍFICOS

As referencias ó mundo de ciencias como a Física, Astronomía, Química e Matemáticas e a científicos de tódolos tempos son innumerables en Quantic Love. Aquí tes unhas cantas:
  • A historia de amor de Laila  ten lugar no CERN, onde por momentos séntese como a perriña Laika no Sputnik 2 perdida na fría inmensidade do cosmos. Unha curioside deste centro de investigación europeo é que as súas rúas levan nomes de científicos como Schöringer (Nobel de Física en 1933) ou Perrin.
  • O anciano abuelete que coñece no autobús que a leva ó CERN dende o aeroporto resulta ser Murray Gell-Mann.
  • Angie, a intelixente compañeira de dormitorio da protagonista di ser descendente  do astrónomo Percival Lowell.
  • O "colapso de citas" que sofre Laila, é un exemplo perfecto da teoría do "colapso de posibilidades" e do "principio de superposición" tal e como explica Angie.
  • O documental ó que acode con Brian (e no que este queda a durmir) acerca a Laila á figura de Albert Einstein, de Niels Bohr e da muller do primeiro Maric Mileva. Einstein "no sólo escribió sobre la teoría de la relatividad, sino también publicó su trabajo sobre el efecto fotoeléctrico. Gracias a eso él obtuvo el Nobel, y a nosotros se nos abren las puertas de los supermercados al pasar" explica Brian.

  • A teoría da relatividade resulta moi fácil de entender co exemplo que atopamos no libro: "Si estás al lado de una chica bonita duratne dos horas, creerás que ha pasado un solo minuto. Pero si te sientas encima de una plancha candente unos segundos, creerás que han pasado dos horas. Esto es la relatividad" .

  • O tan de actualidade "bosón de Higgs" ou "partícula de Deus" tamén ten un sitio no libro. Hai que lembrar que é a partícula encargada de dar masa ás cousas. Peter Higgs (Premio Príncipe de Asturias de investigación científica e Técnica  -xunto co CERN- e Premio Nobel de Física no 2013, propuxo xa fai medio século a súa existencia pero non foi ata fai moi pouco que a demostrou.
  •  A esfera armilar ou astrolabio que Laila contempla no observatorio-museo ó que é invitada por Alessio resulta ser un astiluxio composto por aneis móbiles para
    demostrar o movemento das estrelas ó redor da terra. Dísenos que na Idade Media era un símbolo de coñecemento e sabiduría atopado con frecuencia nos retratos da xente adinerada da época

24 oct 2013

LA PUERTA DE LOS TRES CERROJOS


Para os que somos totales descoñecedores do mundo da Física, este libriño ofrécenos a oportunidade de entender dun xeito sinxelo o mundo cuántico da man do protagonista . Non é preciso ser ningún experto: basta con abrir a primeira páxina do libro e acompañar a Niko nunha viaxe que se inicia cunha frase provocadora:

"SE QUERES QUE SUCEDAN COUSAS DIFERENTES, DEIXA DE FACER SEMPRE O MESMO".

Non imos destripar aquí o argumento do libro (para iso estás ti). Pero por se aínda non estás moi decidido a iniciar este periplo polo mundo da Física deixámosche algúns anacos de información que quizás che aclaren as ideas.

Comezaremos polo VÍDEO OFICIAL de presentación do libro:




Se espertou a túa curiosidade quizás che interese saber algo máis da autora. Tes algúns datos sobre a súa traxectoria no propio libro: dicir que é Doctora en Física pola Universidade de Barcelona e que na actualidade cambiou o seu traballo investigador pola divulgación. Podes coñecer mellor a súa obra se miras estoutro vídeo.

20 oct 2013

LER CIENCIA

Este é o tema proposto pola Biblioteca do noso centro para este curso. É unha coincidencia que tamén as Bibliotecas Escolares de Galicia estean a promover a lectura de textos científicos e tecnolóxicos así que aproveitamos o poster promocional deseñado pola ilustradora galega PATRICIA CASTELAO.


No noso club apuntámonos a esta proposta, e xa temos ós dous grupos (Laretiñas e Laretas)  lanzados a descobrir os misterios da FÍSICA e o AMOR CUÁNTICO da man de Sonia Fernández-Vidal e dos seus 2 libros:

19 oct 2013

CURSO 2013-14:CALENDARIO DE REUNIÓNS

A modo de recordatorio deixamos aquí as datas previstas para as nosas xuntanzas nos vindeiros meses.
Lembrade que pode haber modificacións debido a outras actividades do calendario escolar, polo que teredes que estar atentos ós avisos!!

1º TRIMESTRE 
  • 1ª REUNIÓN: 28 OUTUBRO
  • 2ª REUNIÓN: 25 NOVEMBRO
  • 3ª REUNIÓN: 16 DECEMBRO (Cine-CLUB)
2º TRIMESTRE 
  • 4ª REUNIÓN: 20 XANEIRO
  • 5ª REUNIÓN: 24 FEBREIRO
  • 6ª REUNIÓN: 31 MARZO
  • 7ª REUNIÓN: 7 ABRIL (Cine-CLUB)
3º TRIMESTRE 
  • 7ª REUNIÓN: 28 ABRIL
  • 8ª REUNIÓN: 26 MAIO

OLA A TODOS DE NOVO!

Pasaron moitas semanas e moitas cousas dende o noso último contacto. Rematou o curso e despedimos ó grupiño de lectores de 4º de ESO, iniciadores do club  no IES Poeta Añón fai tres anos. Dende aquí damos as grazas a todos eles por ter compartido connosco tan bos momentos: LUCÍA, ADRIÁN, AGUSTÍN, JULIÁN, SERGIO, LARA, ANDREA, NEREA E TAMARA.

CURSO 2011-2012

CURSO 2012-2013