O luns 28 de abril de 2025 tiñamos reunión sinalada para falar de El Archipiélago del Perro de Philippe Claudel.
A pesar do apagamento e posto que facía un día magnífico e unha temperatura máis que agradable abandonamos o interior do centro para, como antano, sacar os bancos e as cadeiras e poñernos a rexoubar á porta do Instituto.
O libro non gustou por igual pero si coincidimos todas na dureza do relato. Os protagonistas, as circustancias, o feito co que arranca o libro, a solución a ese feito, as consecuencias que se derivan... Analizamos polo miúdo e compartimos as opinións, as sensacións e o resaibo amargo que nos deixou o relato.
E a pesar das ausencias (por cuestións mecánicas ou por imposibilidade de comunicación) resultou unha sesión ben agradable.