26 de maio de 2025

Persépolis

Persépolis de Marjane Satrapi foi a derradeira lectura do club de lectura de adultos deste curso. Sorprendeu e gustou. A utilización do blanco e negro nas viñetas, a expresividade destas, a temática, o desenvolvemento da historia persoal da protagonista e da familia, o contexto histórico, a realidade do país, o confrontamento entre civilizacións, as reflexións persoais... Un libro para coñecer e para aprender. Un libro que nos mostra, por se non o tiñamos claro coa nosa propia historia, que as distopías poden non estar tan lonxe da realidade.

Decidimos desta volta retratarnos coa montaxe que fixemos este curso para commemorar o 8 M.

13 de maio de 2025

Redes

Redes de Eloy Moreno foi a derradeira lectura deste ano coa rapazada da ESO. Eliximos a lectura porque gustáranos moito Invisible, porque trata o tema das redes sociais e porque gústanos ler novidades frescas.


A verdade é que o libro daría para varios días e varias reunións de conversa: redes sociais, "influencers", adicción, soidade, acoso, tristeza, procura da felicidade, o valor dos "likes"... Unha chea de temas!

A pesar de que gustou as constantes regresións e progresións no tempo dificultoulle a lectura a algúns.

Afortunadamente parece que non temos a ninguén que sufra de Nomofobia, xa que comentamos tamén a desconexión do día do apagón e a ninguén lle supuxo maior problema.