Extraordinaria resultou a xuntanza que tivemos para conversar sobre a obra Extraordinario de Antón Lopo.
Extraordinaria pola cantidade de xente que nos reunimos; 20 persoas debido ás novas incorporacións de profesorado, de persoal non docente e de amizades.
Extraordinaria foi a cháchara (un pouco caótica ás veces, todo hai que dicilo) e extraordinarios foron os temas de conversa que saíron a raíz da lectura: o retorno á familia, os recordos de infancia, a complexidade das relacións familiares....
Resumindo. Un día extraordinario!
.jpg)