Para despedir o ano (non o curso), o luns pasado, tivemos dobre sesión. Ao mediodía coa rapazada da ESO e á tardiña co grupo de adultos.
Como sempre insistimos no negativo das redes sociais, desta volta e para compensar o desacougo que deixou na rapazada o final da lectura de O Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, decidimos poñer unha película amable con respecto ás redes sociais.
Neste caso unha neta axuda ao seu avó a contactar cun antigo amor de xuventude, antes de que esqueza todo debido ao avance do alzhéimer. Un filme ben emotivo por certo.
Pola tarde tivemos a sorte de contar coa visita de Rocío Leira para nos falar do libro que estivemos a ler. Veleno en Familia.

