19 oct 2011

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!

Aínda que puidera parecer que desaparecéramos do espectro Internet, como ben vedes aqui estamos de novo. Certo é que non demos sinais de vida nos últimos 6 meses. Como dicían os clásicos "TEMPUS FUGIT" e a verdade é que non tivemos tempo  de compartir convosco as nosas últimas xuntanzas.

Aínda que xa queda un pouco lonxe, no mes de abril compartimos a lectura de "El lugar de los murciélagos" de Joan Gisbert. Houbo variedade de opinións sobre o libro e, curiosamente, a reunión rematou falando de falando de güijas, futuroloxía e quiromancia. Realmente pasamos un bo rato e botamos unhas risas  como vedes nas fotos.



Pero, por desgraza, tamén tivemos momentos de tristura en relación coa nosa  última lectura do curso 2010-2011. "A miña pranta de laranxa lima" emocionounos a todos sen excepción pero ademais, o inicio deste curso troúxonos a triste, triste nova do pasamento de Mª Dolores, a profesora do IES Luis Seoane de Pontevedra que nos facilitara os exemplares para o noso club.

Aínda que un pouco tarde, tamén nos gustaría dende este recuncho facerlle chegar o noso agradecemento, sumándonos a tódalas bibliotecas escolares de Galicia que elaboraron este documento en homenaxe a esta profesora e bibliotecaria.


Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig 
 

No hay comentarios: