26 oct 2013

"QUANTIC LOVE"(3): os libros de Laila

Laila é unha moza con escasa formación científica pero cunha gran curiosidade por aprender. Para elo se enfrasca na lectura dalgúns títulos que colle na biblioteca do CERN. Por se tamén queres ampliar os teus coñecementos científicos deixamos aquí eses libros mencionados pola aprendiz.

O seu pai regálalle unha axenda Moleskine cunha cita de Peter Mathiessen ("Un home sae de viaxe e é outro o que regresa") autor de "EL LEOPARDO DE LAS NIEVES", a novela de viaxes favorita do pai de Laila.
No capítulo 6 lemos:"...Arthur hojeaba un libro que esa misma mañana, yo había sacado de la biblioteca del CERN. El título me había llamado la atención: "Está Usted de broma Mr. Feynman?"... al parecer narraba anécdotas de uno de los mejores físicos -y uno de los más excéntricos del siglo pasado (p. 43)"

No capítulo 8, Alessio explica a Laila que Gell-Mann, o físico que teorizou sobre os quarks, sacou a palabra dunha novela incomprensible de James Joyce titulada FINNEGANS WAKE. "El pasaje decía algo así como: "Three quarks for Muster Mark! Sure he has not much of a bark. And sure any he has it's all beside the mark".

Durante o picnic que celebran no lago Leman, os protagonistas da historia falan de visitar a Villa Diodati, mansión de verán de Lord Byron, na que Mary Shelley deu vida á súa obra mestra, Frankenstein ( considerada o primeiro texto de ciencia ficción).
Finalmente, se como a Laila che atraen os libros de divulgación científica, anímate a ler UNA BREVE HISTORIA DE CASI TODO (e a súa versión ilustrada "Una muy breve historia de casi todo" que atoparás na nosa biblioteca).


No hay comentarios: