5 jun. 2017

Saída cultural: roteiro "JULES VERNE" pola ría de Vigo

Facía tempo que non dabamos mostras de vida na blogosfera. Elo non quere dicir que non andivésemos enfaenados en distintas aventuras lectoras. 

Hoxe queremos compartir convosco a nosa última saída cultural, inspirada pola lectura do libro de Ledicia Costas "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Quizás moitos descoñezades o feito de que Jules Verne estivo realmente en Vigo en dúas ocasións e que ademais lle dedicou un capítulo da súa afamada novela "20,000 leguas de viaxe submarina" á Ría de Vigo.

Tomando eses datos como punto de partida e a novela de Ledicia, realizamos un roteiro  viaxando cara á ría de Vigo o pasado 20 de xuño.Deixamos a relación de puntos de interese visitados así como algunhas imaxes desa xornada. O noso percorrido foi este:
  1. Monumento a Jules Verne no peirao de Vigo.
  1. Visita guiada ás Illas de San Simón e San Antón: xogo de pistas para descobrir detalles da historia da illa (entre outros o paso de Jules Verne pola mesma marcado por dous elementos conmemorativos: placa na illa adicada ao Nautilus e monumento ao capitán Nemo e aos mergulladores do Nautilus na praia de Cesantes)
  1. Visita ao Museo Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande) en Redondela
  1. De volta a Vigo, achegámonos ao patrimonio cultural galego en relación co mar no Museo do Mar de Vigo. Alí puidemos tamén contemplar un dos artefactos mencionados na novela de Ledicia Costas: o primeiro submariño galego construído polo industrial Antonio Sanjurjo Badía.
Foi unha xornada na que todos aprendemos algo novo e na que a meteoroloxía non só nos dou unha tregua tras varias saídas pasadas por auga, senón que nos agasallou cun día esplendido. Tanto foi así que nos demos o luxo de xantar ao pé do Castelo de Soutomaior lembrando a Pedro Madruga.

Realmente unha viaxe que pagou a pena e que animamos a facer se non coñecedes a zona!.



Deixámosvos as dúas guías que elaboramos para a ocasión:

GUÍA: Polo Mar de Vigo.Tralas Pegadas de Jules Verne


GÚIA do MUSEO DO MAR de VIGO

No hay comentarios: