Iniciamos hoxe o Club de Lectura de ESO. En total somos 15. Once integrantes do alumnado con representación de todos os cursos e catro profesoras. Comezamos, como é habitual, cunha comida de confraternización que nos preparou Rosi da Cafetería. Disto non hai mostra gráfica porque a nosa maior preocupación era a comida.
Seleccionamos unha lectura que consideramos puidera gustar a toda as idades por igual. O libro escollido foi O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. Non deixa de ter gracia que a autora visitara o noso centro no mesmo ano no que naceu o noso actual alumnado de 1º de ESO.

