Como decidimos ir alternando obras, desta volta tocou en Castelán Paradero desconocido de Kressmann Taylor.
Sorprendeunos a pericia desta muller para explicar, en escasas setenta páxinas, as consecuencias que tivo para os xudeos e para a amizade destes dous homes o rápido ascenso do nazismo .
Pareceunos demoledor o cambio sufrido por Martín e demoledora tamén a venganza que levou a cabo Max. Crueles e despiadados.
Non puidemos deixar de comentar a semellanza dalgúns comentarios que Martín vertía sobre os xudeus, cos dalgúns políticos actuais cacarexando sobre os inmigrantes e máis o feito de que sempre aproveiten as situacións de crise para obter un beneficio propio.
Quedamos con ganas de falar da nosa propia historia. Haberá que buscar unha lectura apropiada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario