4 de xul. de 2021

GUÍAS de LECTURA (Curso 20-21)

 Deixamos aquí os enlaces a cada unha das guías correspondentes ós libros, películas e roteiro levado a cabo este curso no Club.

              1. Guías dos LIBROS

§   Prohibido leer a Lewis Carroll

§   O que sei do silencio

§   As flores radioactivas

§   Memoria do silencio

§   Denébola, aRoxa

§   A caixiña dos rancores

2.  Guías das PELÍCULAS

§   Cobardes

§   JoJo Rabbit

3.  Guía da SAÍDA CULTURAL  a RIBADAVIA  Roteiro da MEMORIA 

3 de xul. de 2021

ROTEIRO DA MEMORIA: por terras do RIBEIRO

 A lectura de MEMORIA do SILENCIO de Eva Mejuto levounos o pasado 28 de xuño a visitar Ribadavia e coñecer algúns dos escenarios descritos no libro. 

  • Iniciamos o percorrido na estación de ferrocarril de Ribadavia. Alí no punto no que noutro tempo as irmás Touza tiñan o quiosco no que vendían melindres e licor café, imaxinamos a chegada de viaxeiros nuns andeis agora desertos. O texto de Eva Mejuto sirveu para evocar a todos aqueles refuxiados xudeus que se achegaron a esta vila e contaron coa axuda de Lola, Amparo e Julia Touza para poder atravesar a fronteira portuguesa e logo viaxar a América lonxe da persecución nazi.
  • Achegámonos logo ao exterior do Castelo dos Sarmiento, e acompañados por José Ramón Estévez -historiador local e guía para a ocasión-, percorremos as rúas e a xudería de Ribadavia, unha vila na que cada pedra, cada edificio ten unha historia que contar. Coñecemos así o antiguo Casino, casa das señoras Touza e refuxio temporal de cidadáns perseguidos pola Alemaña de Hitler.
  • Rematamos a mañán, visitando o Centro de Información Xudía de Galicia e o Castelo de Ribadavia. Coñecemos a historia das comunidades xudeas de toda Galicia,  antes e despois de 1492, así como o relato dos procesos inquisitoriales a que foron sometidas.
Se pola mañán alimentamos o intelecto, tralo xantar dirixímonos a Castrelos de Miño para exercitar os corpos participando nun "bautizo naútico" no que tódolos membros do club  navegamos polas augas do encoro en kayak, pedaletas e en táboas de paddle -surf. 

Unha xornada para a memoria e o recordo que compartimos neste breve video.


24 de xan. de 2021

AS FLORES RADIOACTIVAS ( 25 xaneiro 2021)

Da man de Agustín Fernández Paz e do seu libro AS FLORES RADIOACTIVAS, achegámonos á problemática que representan os refugallos radioactivos e ás súas consecuencias no medio ambiente.

A protagonista do relato, Alba, mergúllase de cheo na loita que, encabezada por asociacións ecoloxistas como GREENPEACE e ADEGA, levou a un movemento xeralizado de rexeitamento na sociedade galega nos anos 80, cando boa parte dos países europeos desfacíase dos seus resíduos nucleares chimpándoos na chamada Fosa Atlántica, a unhas 300 millas de Fisterra.

Se queres documentarte acerca destes acontecementos, tes aquí un vídeo e varios enlaces que falan da problemática e das secuelas, aínda por estudar, desta acción humana sobre o medio natural.

  • DOCUMENTAL: La pesadilla de los desechos nucleares (LA NOCHE TEMÁTICA. RTVE.ES)

20 de dec. de 2020

3ª XUNTANZA CURSO 20-21.Cine-club: "COBARDES" (2008)

Como colofón ás actividades deste primeiro trimestre, mañán luns 21 de decembro, xuntarémonos desta volta para o visionado da película  COBARDES, de José Corbacho e Juan Cruz.  A perspectiva destes dous directores serverá para afondar máis no debate e na reflexión que iniciamos coas Laretas de 3º trala lectura de O QUE SEI DO SILENCIO. 

Deixamos aquí  unha breve guía da película (Preme na IMAXE).

Que gocedes da proxeción!!

29 de nov. de 2020

O QUE SEI DO SILENCIO ( Andrea Maceiras)...

 ...é o título escollido para iniciar os faladoiros literarios 20-21 coas Laretas de 3º ESO. Mañán luns 30 xuntarémonos para intercambiar opinións e partillar impresións trala lectura.

Para ir quecendo, deixamos aquí un par de enlaces:

  • O PRIMEIRO lévavos a varias propostas alternativas de ilustración da portada do libro de Andrea Maceiras: son ideas do alumnado de Plástica (4º ESO) do IES Miraflores de Oleiros.
  • No SEGUNDO, achegámonos á voz da propia autora que presenta o libro no programa da Radio Galega Diario Cultural. (Na imaxe Andrea Maceiras . Foto de Érica Esmorís )

ANDREA MACEIRAS




16 de nov. de 2020

CONTRA VENTO E MAREA... 1ª XUNTANZA CURSO 20-21

 


Aquí comeza unha nova andaina do Club de Lectura con 8 Laretiñas de 1º e 2º e 5 Laretas de 3º, este curso prantándolle cara (ou máscara) ó coronavirus e mantendo as preceptivas medidas de seguridade.

Desta volta, os Laretiñas intercambiaron impresións e anécdotas derivadas da lectura de "Prohibido leer a Lewis Carroll", un libro de Diego Arboleda -ilustrado por Raúl Sagospe- que dou moito xogo.

Por se vos interesa lelo, deixamos unha breve guía de lectura premendo NESTE ENLACE.

CALENDARIO DE REUNIÓNS 20-21

  • 1ª REUNIÓN:    Laretiñas,  16 novembro 2020
  • 2ª REUNIÓN:    Laretas,     30 novembro 2020
  • 3ª REUNIÓN:    Todos,        21 decembro 2020
  • 4ª REUNIÓN:    Laretiñas,  25 xaneiro 2021
  • 5ª REUNIÓN:    Laretas,     22 febreiro 2021
  • 6ª REUNIÓN:    Todos,        22 marzo 2021
  • 7ª REUNIÓN:    Laretiñas,  26 abril 2021
  • 8ª REUNIÓN:    Laretas,     24 maio 2021

26 de xuño de 2020

3 de xul. de 2019

SAÍDA CULTURAL 2019: Roteiro por Mondoñedo



Deixamos aquí o testemuño da nosa visita ás terras do Rei Cintolo (case quedamos alí a morar na cova da que fala a lenda!)

Por se queredes ver polo miúdo como pasamos esta xornada de aventura e descobremento este é o ENLACE AO TRÍPTICO INFORMATIVO co itinerario que percorremos e algúns dos recunchos que visitamos na vila.

22 de xan. de 2018

CALENDARIO DE REUNIÓNS 17-18

1ª reunión: 30 outubro 2017
2ª reunión: 27 novembro 2017
3ª reunión: 18 decembro  2017 (cine-club)

4ª reunión: 29 xaneiro 2018
5ª reunión: 26 febreiro 2018
6ª reunión: 19 marzo 2018 (cine-club)

7ª reunión: 30 abril 2018
8ª reunión: 28 maio 2018
9ª reunión: 18 xuño 2018 (cine-club)

5 de xuño de 2017

Saída cultural: roteiro "JULES VERNE" pola ría de Vigo

Facía tempo que non dabamos mostras de vida na blogosfera. Elo non quere dicir que non andivésemos enfaenados en distintas aventuras lectoras. 


Hoxe queremos compartir convosco a nosa última saída cultural, inspirada pola lectura do libro de Ledicia Costas "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Quizás moitos descoñezades o feito de que Jules Verne estivo realmente en Vigo en dúas ocasións e que ademais lle dedicou un capítulo da súa afamada novela "20,000 leguas de viaxe submarina" á Ría de Vigo.
Tomando eses datos como punto de partida e a novela de Ledicia, realizamos un roteiro  viaxando cara á ría de Vigo o pasado 20 de xuño.Deixamos a relación de puntos de interese visitados así como algunhas imaxes desa xornada. O noso percorrido foi este:
  • Monumento a Jules Verne no peirao de Vigo.
  • Visita guiada ás Illas de San Simón e San Antón: xogo de pistas para descobrir detalles da historia da illa (entre outros o paso de Jules Verne pola mesma marcado por dous elementos conmemorativos: placa na illa adicada ao Nautilus e monumento ao capitán Nemo e aos mergulladores do Nautilus na praia de Cesantes)
  • Visita ao Museo Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande) en Redondela
  • De volta a Vigo, achegámonos ao patrimonio cultural galego en relación co mar no Museo do Mar de Vigo. Alí puidemos tamén contemplar un dos artefactos mencionados na novela de Ledicia Costas: o primeiro submariño galego construído polo industrial Antonio Sanjurjo Badía.
Realmente unha viaxe que pagou a pena e que animamos a facer se non coñecedes a zona!.




Foi unha xornada na que todos aprendemos algo novo e na que a meteoroloxía non só nos dou unha tregua tras varias saídas pasadas por auga, senón que nos agasallou cun día esplendido. Tanto foi así que nos demos o luxo de xantar ao pé do Castelo de Soutomaior lembrando a Pedro Madruga.




Deixámosvos as dúas guías que elaboramos para a ocasión:

GUÍA: Polo Mar de Vigo.Tralas Pegadas de Jules Verne


GÚIA do MUSEO DO MAR de VIGO

22 de out. de 2016

Preparados para unha nova andaina (2016-2017). Calendario de reunións.

Empezamos con forza este novo curso e co propósito de faceros partícipes a todos das nosas actividades por medio deste blog. Certo é que o tivemos un tanto abandonado pero desta volta a renovación  de antigos membros do club e a incorporación de novos lectores dannos azos para poñer a funcionar esta ferramenta de comunicación con toda a comunidade lectora.

De entrada, deixamos aquí o calendario de xuntanzas previstas para este curso:

1º TRIMESTRE
  • 1ª reunión: 24 outubro 2016
  • 2ª reunión: 28 outubro 2016
  • 3ª reunión: 19 decembro 2016 (cine-club)
2º TRIMESTRE
  • 4ª reunión: 23 xaneiro 2017
  • 5ª reunión: 20 febreiro 2017
  • 6ª reunión: 27 marzo 2017 (cine-club)
3ª TRIMESTRE
  • 7ª reunión: 24 abril 2017
  • 8ª reunión: 22 maio 2017
  • 9ª reunión: 19 xuño 2017 (cine-club)
Aproveitamos para da-la benvida a tódolos membros dos clubs, Laretas e Laretiñas, e ao profesorado colaborador con esta imaxe da nosa mascota escoltada por parte dos nosos lectores .

13 de xan. de 2016

CALENDARIO DE REUNIÓNS: curso 2015-2016

 1º TRIMESTRE
  • 1ª reunión: 26 outubro 2015
  • 2ª reunión: 23 novembro 2015
  • 3ª reunión: 14 decembro 2015 (cine-club)
2º TRIMESTRE
  • 4ª reunión: 25 xaneiro 2016
  • 5ª reunión: 22 febreiro 2016
  • 6ª reunión: 14 marzo 2016 (cine-club) 
3º TRIMESTRE
  • 7ª reunión: 2 maio 2016
  • 8ª reunión: 30 maio 2016
  • 9ª reunión: 20 xuño 2016 (cine-club)

26 de maio de 2014

CINE-CLUB: "La ladrona de libros" (2013)

Hoxe centraremos a nosa xuntanza no visionado da película "La Ladrona de Libros", adaptación da novela homónima de Markus Zusak. Deixamos aquí o enlace ó trailer da mesma así como unha pequena guía para aqueles de vós que queirades botarlle unha ollada, animándovos a todos a que leades o libro.



ENLACE Á GUIA: "La ladrona de libros" (2013)

11 de maio de 2014

VISITA A PORTO: 4-5 ABRIL 2014

"Alive and reading!!". Si. Aínda que non o pareza, tras catro meses de ausencia neste espazo, os Laretas e Laretiñas seguimos vivos e lendo a toda marcha. Certo é que tivemos o blog un tanto abandonado e non puidemos actualizalo reunión tras reunión pero tentaremos martervos informados de todas as actividades-que foron unhas cantas-que vimos de facer neste curso sen esquecer as que aínda nos quedan no tinteiro.

Xa fai un mes que estivemos por terras portuguesas, na cidade de Porto. Como vedes no programa, a estancia prometía: unha inmersión de cheo e durante 2 xornadas na cultura lusa, na súa literatura, gastronomía, arte, música ... .
Unha vez máis a choiva acompañou todo o venres a nosa viaxe, non fora a ser que nos entrara morriña do noso propio orballo, do que xa levamos unha boa ración nos últimos meses. O certo é que a auga si nos impediu gozar plenamente da visita o primeiro día e obrigounos a cancelar algunha das actividades previstas. Aínda así, como veredes nas presentacións, a acollida que nos deron no albergue (o Gallery Hostel na rúa Miguel Bombarda) e a oferta de actividades alí dentro (música, comida, lectura, boa compañía...) compensaron a molladura dese día.

O sábado 5 de abril foi máis benévolo, meteoroloxicamente falando. O Palacio da Bolsa, a estación de Sao Bento, o Café Majestic, o Mercado do Bolhao e finalmente Gaia e a historia do viño de Porto deixáronnos un estupendo sabor de boca e gañas de repetir a experiencia. 


CLUB LECTURA LARETAS VISITA PORTO (4-5 abril 2014) 



Deixamos un poemiña, incluído nesta pequena selección poética sobre Oporto, que resume moi ben o espíritu do grupo nesta escapada.

No meio de conversa
Ler alguns poemas
De um autor qualquer
E o som das gaivotas
Dão-nos a música perfeita
Para a amizade ser descoberta…
Troca-se olhares
Opiniões
Deixa-se vaguear
As emoções
E as águas do rio
Vão gravando na sua corrente
Mais dois seres
A descobrirem-se
Ao mesmo tempo
Olhando o rio Douro…

Emília Costa