13 ene 2012

BOA NOVA !!

Xa estamos de volta das vacacións de nadal!. Moitos somos da opinión de que pasaron voando, sen apenas decatarnos. Pero seguro que, entre xantar e xantar, reunións familiares e compras frenéticas de regalos, tivemos tempo para ler un libro que nos recomendaron, ou para rematar aquel que levaba tempo ó carón da cama. Se así foi efectivamente, e credes que algunha desas lecturas pagou a pena, non deixedes de recomendarlla ás vosas amizades, familiares ou compañeiros do club "Laretas".

Para empezar con bo ánimo este 2012 e romper a racha de malas novas que escoitamos a cotío, temos que decirvos que o proxecto do Club Laretas que presentamos á convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011-2012 foi aprobado. Iso se traduce nunha axuda económica coa que poderemos mercar libros e materiais para o club e organizar actividades: 900 euriños que nos van vir moi ben e que gastaremos con cabeciña.

Lembrade que a próxima reunión terá lugar este luns 16 de xaneiro. Falaremos da novela de Carlos Vila Sexto " As sete mortes"

No hay comentarios: