15 ene. 2012

CARLOS VILA SEXTO: "As sete mortes"

O AUTOR
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia.Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluido na Antoloxía do conto de medo galego, una selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia
Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo (Antena 3), Motivos personales (Telecinco), Círculo Rojo (Antena3) e Los misterios de Laura (TVE).
En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tintes de misterio ambientada en Galicia Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO.

Obra

  • Alén da aventura, Colección Árbore da  Editorail Galaxia (1992).
  • Gárgola, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia(1993).
  • Cara á fin da luz, Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais (1995).
  • O baúl, relato incluido na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).
  • As sete mortes, Colección Costa Oeste da  Editorial Galaxia (2009).
Fonte: Editorial Galaxia e Galipedia

SINOPSE DA NOVELA
Os protagonistas da historia, un misterioso home de pasado incerto e unha incrible facilidade para sobrevivir e unha restauradora afectada por un trauma persoal, emprenden unha viaxe que dende Ourense lévaos por toda Galicia pasando por Lugo, O Courel, Fisterra e Santa tegra ata a Torre de Hércules. Unha viaxe desesperada que é ao mesmo tempo unha fuxida para salvar a súa vida e unha procura da súa propia identidade seguindo as pistas atopadas nun antigo pergamiño no que a lenda dos descendentes de Breogán transfórmase en realidade.
 
Percorrido dos protagonistas

ALGÚNS DOS LUGARES MENCIONADOS en " As sete mortes"
Parador Nacional de Tui e Río Miño
OURENSE
A noite estaba cuberta, polo que a silueta da catedral case non se distinguía. Xacobe coñecía poucas coma a de Ourense. Sen unha torre chamando ás portas do ceo, sen unha praza desde onde contemplala, a catedral ficaba en silencio...(p. 17)
Catedral de Ourense

Saiu da estación loitando por non perder a consciencia a cada paso que daba. Un par de taxis agardaban na entrada (p. 26).

Estación de tren de Ourense

- O Colexio dos Salesianos...
- Traballei aquí hai anos, coidando o xardín. Este era o meu cuarto ... (di Xacobe) (p.66)

Salesianos de Ourense

SANTIAGO DE COMPOSTELA
 Tras abandonar o coche no aparcadoiro da estación de tren, camiñaron en silencio polas rúas de Santiago, que pouco a pouco ían cobrando vida (p.72)
Estación de tren de Santiago

Ricardo, Natalia e Xacobe atravesaban o Obradoiro, a choiva rebotaba contra as pedras da praza e da catedral, dando un brillo especial a todas elas, coma se estivesen vivas.... Aceleraron o paso entre as rúas, estreitas e labirínticas ata chegar á Rúa Nova (p.84)

Praza do Obradoiro e Catedral de Santiago

Rúa Nova
 BURELA (LUGO) 
Ás seis da tarde, Federico aparcaba a súa furgoneta xunto ao bar de Cangas de Foz (...)Xacobe mirou arredor. Estaban xunto á estrada, na porta dun bar chamado O Recuncho. Había unhas cantas casas espalladas ao longo da calzada. Non moi lonxe, as montañas erguíanse maxestosas, e unha néboa espesa empezaba a formarse nos cumios(p.101-2)
Cangas de Foz

Vilasindre (Burela)
 LUGO
Cruzou o arco e detívose aos seus pés. Na cara do interior había un pequeno oco no arco. Nese oco, a uns catro metros sobre o chan, descansaba a imaxe do apóstolo santiago da que Natalia falara (p. 124)
Porta de Santiago na muralla de Lugo
 Poucos minutos tras a posta de sol, os últimos visitantes do Museo Provincial de Lugo saíron do edificio.
Natalia e Xacobe avanzaron ata a entrada traseira (...) Detivéronse ao chegar a unha sala ampla onde había un inmenso mosaico no chan.
- ¿Que é isto?- preguntou Xacobe.
-O mosaico de Armañá. A única peza deste estilo que nos deixaron os romanos sobre a escena de Dédalo e Pasifae.(paxs. 134-5)

Mosaico de Armañá (Museo Provincial de Lugo)
 O COUREL (LUGO) 
Xacobe tentou distinguir algo a través da ventá, pero era inútil. Os faros iluminaban unha densa néboa que case non podían atravesar. Natalia conducía con precaución, suxeitando o volante con firmeza, mentres o coche baixaba por unha estrada estreita e serpenteante que semellaba trazada por un mono bébedo subido a unha montaña rusa(...) Por un intre os faros do coche iluminaron un pequeno cartel a un lado da estrada. "LU-651. Km. 12." (p. 149)
LU-651
 FINIS TERRAE
 Xacobe deixou sobre a barra o diñeiro das dúas cervexas. Mentres as levaba á mesa onde Fiz agardaba, sentiu as olladas furtivas que os clientes lles adicaban... Naquel local de Cee, os homes, pescadores na súa maioría, levaban xa un par de horas botando a partida, igual que fixeran toda a súa vida (p. 199) 

Porto de Cee
 A furgoneta saiu a campo aberto. A estrada nacional pola que avanzaban converteuse nunha comarcal que serpeaba paralela á costa. Xacobe tensou as mans arredor do volante cando sentiu a presenza do mar. Aos seus oídos chegaban os sons das ondas rompendo contra os acantilados de Fisterra, o cabo máis oriental do país, onde os romanos pensaban que morría o mundo. (p.202)

Cabo Fisterra
 SANTA TEGRA (A Guarda- Pontevedra)
 Ás sete da tarde, o Peugeot subía pola sinuosa estrada que conducía ao cumio do monte Santa Tegra. Desde o asento do copiloto, Natalia tiña unha vista inmellorable do mar, que a cada curva aparecía máis vasto e triste(...) Deixaron o coche á beira do camiño, tras unha pequena casa de pedra. Percorreron os douscentos metros que os separaban do antigo asentamento celta, e ao velo, Xacobe detívose, impresionado ao observalo. Decenas de construcións estendíanse nuns mil metros cadrados de terreo irregular. (...) Entre todos os círculos de pedra, só había un totalmente restaurado, con muros altos e un tellado que o protexía da choiva e o vento...(p.242-3) 
Monte Santa Tegra (A Guarda) e " o fillo de Irimía" (o Miño)
  
Castro de Santa Tegra

 TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)
Co corazón encollido, Natalia guiou a nave, resgardada polas dúas paredes de auga, tras as que o mar rompía con violencia pero incapaz de traspasar a barreira que o canto de Xacobe levantara. Nada máis abandonar o barco e poñer un pé en terra firma, as ondas pecháronse sobre o paso que abriran. (...) Sen dicirse nada, os dous observaron como a tempestade golpeaba sen clemencia a impoñente figura da Torre de Hércules. (p. 277)

 
 Natalia sentiu como os seus pés deixaban de pisar as pozas que se formaban na terra e pasaban a pisar unha superficie máis dura. Estaban sobre a Rosa dos Ventos, un mosaico circular de pedra de vinte e cinco metros de diámetro. No círculo aparecían representados os puntos cardinais e as súas bisectrices, coma un enorme compás. (p. 278)


  A MÚSICA do LIBRO
Eran case as tres da mañá cando Xacobe e Natalia deixaban atrás as luces de Lugo. Ela sentou no asento do copiloto para tentar botar unha cabezada, pero os seus ollos resistíanse a pecharse.
A radio case non captaba emisoras, así que decidiu buscas algunha cinta na guanteira. (...) natalia escolle unha cinta ao azar e meteuna. Unha gaita comezou a soar lenta, docemente. Era a melodía d'Irmandade das estrelas. (p. 143)



LITERATURA en AS SETE MORTES 
 Laura quedou pensativa uns segundos. As palabras saíron da súa boca nun murmurio.
- O cuarto amarelo...
-¿Que?
-"O misterio do cuarto amarelo". No libro, o asasino tenta acabar coa súa vítima nun cuarto no que ninguén o  vira entrar nin saír, e no que a vítima estaba soa ata o momento de pecharse dentro (p. 13)
de Gaston Leroux

A Xacobe todo lle parecía real e irreal a un tempo. Tiña a sensación de estar caendoa través da tobeira do coello branco e agora non sabería saír daquel país de marabillas
(p. 167).

de Lewis Carroll
Fiz non deixaba de mirar arredor, impresionado.
-Semella "Grandes esperanzas"...
-¿Como?
-"Grandes esperanzas" a novela de Dickens. Nela hai un personaxe, a señora Havisham, que vive nunha mansión igual que esta. A muller está como unha cabra e ten toda a casa feita un cristo...como se o tempo se detivese no seu interior (p.203)



Á súa mente acudiu a imaxe dunha das súas historias favoritas: o Conde de Montecristo, Edmundo Dantés, que xunto co abate Faria, outro preso dunha cela próxima, tentou escavar un túnel durante anos para fuxir da prisión de If (p. 208-9)



MITOLOXÍA E SIMBOLOXÍA CELTA
Dende o IES Lagoa de Antela de Xinzo, chéganos ESTE DOCUMENTO elaborado polos lectores do seu club, e que nos pode axudar a aclarar algúns dos aspectos da temática do libro relacionados cos mitos do mundo celta. 

(Xacobe)colleu a marcada co Awen. Este é o do druida.(p. 247)







Xacobe paseou a súa mirada polos símbolos, ata que chegou á pedra marcada coa espiral. Despois, levou a man ao seu colgante. O mesmo símbolo...
-A espiral ... é un dos símbolos máis antigos da humanidade. Acostúmase asociarse co sol, coa vida...e a reencarnación.(p.247)




O tríscele...-sinalou Natalia. Dixéchesme que Mateo tiña este debuxo tatuado no seu abdome (p. 248)
TRÍSCELE ou TRISQUEL   relacionado co ciclo solar, o principio e o fin e a aprendizaxe perpetua

1 comentario:

Carlos Vila Sexto dijo...

Como o humilde autor de "As Sete Mortes", tan só podo dicir 'grazas' por esta páxina e polo voso traballo co libro. Descoñecía este blog e quedei sen palabras...