3 mar 2012

REFERENCIAS CULTURAIS en "CORREDORES DE SOMBRA"

Sen pretender, nin moito menos, desvelar os segredos que contén "CORREDORES de SOMBRA", especialmente para aqueles de vós que aínda non rematáchedes coa lectura, sí que nos gustaría focalizar nas múltiples alusións que o autor vai facendo ó longo da narración a aspectos culturais referentes á musica, arquitectura e literatura. Vexamos algúns exemplos:

MÚSICA

A protagonista, en plena etapa de "rebeldía e autoafirmación" fuxe das melodías acarameladas que escoitaba a súa prima Loreto. Fronte ao mundo "rosa" habitado polos adolescentes cos que apenas ten relación en Vilarelle, ela prefire mergullarse nas letras reivindicativas de THE CLASH e o seu London Calling.


Pero tamén  NIRVANA e os SMASHING PUMPKINS forman parte dos gustos musicais de Clara.




No libro Clara vive unha etapa de descubrimento en tódolos sentidos sendo o seu tío Carlosquen lle axuda a coñecer novos estilos musicais como o "blues" da man de John Lee Hooker ou Muddy Waters

ARQUITECTURA
En "Corredores de sombra", Agustín Fernández Paz dedica especial atención á descripción dos edificios nos que habitan os distintos personaxes da novela, como símbolos tamén das distintas clases sociais ás que pertencen. As imaxes que acompañan aos textos corresponden a lugares reais que non teñen que ver coa novela pero serven para darnos unha idea do tipo de edificacións nas que se desenvolve o relato.

PAZO do PAI DE CLARA: "O pazo de Soutelo está no concello de Vilarelle e pentence á miña familia paterna desde que se construíu, mediado o século XVIII (...) É un edificio de dous corpos en forma de ele que sempre me pareceu inmenso, aínda que o realmente grandioso son as extensas terras amuradas que o rodean. (...) No portón do pazo , e tamén na súa fachada principal, estaba o escudo da familia, un brason labrado en granito, desafiando o paso do tempo. Bandeiras e cruces de pedra, presididas polo S coroado dos Soutelo, marcas todas dun pasado de grandeza..."(paxs. 14-16)

Pazo da Pena do Ouro (Noia)




Pazo do Tambre (Outes)


CASA DA FAMILIA NOVO:"Ao saírmos do taller, mamá e mais eu encamiñámonos á casa dos Novo. Non se podia nin comparar co noso pazo, claro, había unha diferenza abismal; pero era un dos edificios máis fermosos da vila, unha mansión ben representativa dese estilo colonial que é doado adoptar aínda en moitos lugares de Galicia. Estaba preto do parque, no centro dun terreo axardinado de pouca extensión, e salientaba dende lonxe pola elegante torre que se erguía no seu lado dereito" (p. 48)
Casa de indianos na Mariña lucense
                              

CASA DE SEBASTIÁN: "Como Miguel aínda non aparecera entretívenme en contemplar a casa que iamos visitar. Noutro tempo debeu de ser unha das máis importantes de Vilarelle; aínda que as outras da praza se lle asemellaban, esta destacaba polo seu tamaño, pois case facía por dúas das que tiña arredor. Era tamén a única que posuía un xardín ao longo da fachada, se é que se lle podía chamar xardín a un espazo de dimensións cativas protexido por un cerrume enreixado, onde medraban varias roseiras e algunhas dalias ateigadas de flores de cor granate.
A casa non era alta, ningunha das da praza o era. Ademais da pranta baixa  do piso principal, víase que debía ter outro segundo piso baixo e o tellado a catro augas, pois había unha ampla bufarda en cada un dos lados. O que máis destacaba da fachada eran os dous balcóns, con varandas de ferro case ocultas polas flores que medraban nas macetas (...). Tiña unha galería que ocupaba todo o ancho (...) (paxs. 110-111)

CASA DO BISAVÓ DE CLARA: A familia da túa avoa... era das máis ricas da vila. Non tiñan o poder dos Soutelo pero seguramente tiñán máis cartos. A seu pai chamábanlle o Cubano, fixera unha fortuna inmensa en Cuba. A casa do Cubano! Daba gloria vela, con aquelas torres que nunca por aquí se viran. Tiraron con todo a principios dos setenta para facer un bloque de pisos horrible; unha desfeita, (...)(p.116)
Torre dos Moreno (Ribadeo)



CASA DE MIGUEL: "A casa de Miguel non se atopaba lonxe do Pazo. En realidade, tratábase de dúas casad. A que daba á estrada era un edificio antigo, con baixo e unha planta, e cun lousado que se adiviñaba moi vello.( ...) Por detrás desta vivenda había outra de dous pisos, de construcción recente, que aínda tiña as paredes laterais sen recebar" (p. 60)

LITERATURA
Os libros son un ingrediente importante na trama. Clara descobre sorprendida que Miguel e máis ela comparten un interés pola lectura pouco habitual nos rapaces da súa idade("dos meus amigos eu son o único que non podería vivir sen ler", di nun momento dado Miguel (p. 52).  Tratáse dunha afición que, en cada caso, lles foi contaxiada por algún membro da súa familia: 
  • o tío Carlos ábrelle a Clara as portas á literatura de Paul Auster co seu libro "O palacio da lúa" ou de James Joyce co Retrato do artista cando novo.
  • No caso de Miguel, a herdanza do seu bisavó Ismael, encadernador e amante da lectura, lle chega en forma do cofre cheo de libros que conseguiron salvar da queima masiva de literatura que se levou a cabo durante a guerra civil: Poe, Dickens, Dostoiewski; Flaubert , Verne... e tamén autores galegos como Castelao, Cabanillas ou Curros Enríquez.ocupan un espazo especial na casa de Miguel

Pero ademais, en "Corredores de sombra" Clara, a protagonista, loita por rescatar da memoria a historia da súa familia e a propia historia de Vilarelle (fronte ao seu pai que pretende esquecer todo e botar terra por riba ao caso do cadáver emparedado).  Agustín Fernández Paz toma o título desta obra do poeta José Angel Valente:
A memoria é poderosa, pero tamén é fráxil e argalla trampas para que vaiamospor onde a ela lle convén. "A memoria ábrenos luminosos corredores de sombra". (p.12)

Atopamos tamén unha referencia á poeta polaca , Premio Nobel de Literatura en 1996, Wislawa Szymborska, á que Clara alude tras ler unha das cartas que lle escribiu Rafael á súa avoa dende o escondite do pazo. A protagonista lembra uns versos do poema "AS CARTAS DOS DIFUNTOS" :

Leemos las cartas de los difuntos como impotentes dioses,
pero dioses a fin de cuentas porque conocemos las fechas
      posteriores.
Sabemos qué dinero no ha sido devuelto.
Con quién se casaron rápidamente las viudas.
Pobres difuntos, inocentes difuntos,
engañados, falibles, ineptamente precavidos.
Vemos los gestos y las señas que hacen a sus espaldas.
Cazamos con el oído el rumor de los testamentos rotos.
Están sentados frente a nosotros, ridículos, como en panecillos
      con mantequilla,
o se echan a correr tras los sombreros que vuelan de sus cabezas.
Su mal gusto, Napoleón, el vapor y la electricidad,
sus mortales curas para enfermedades curables,
el insensato Apocalipsis según San Juan,
el falso paraíso en la tierra según Juan Jacobo...
Observamos en silencio sus peones en el tablero,
sólo que tres casillas más allá.
Todo lo previsto por ellos salió de una manera totalmente
      diferente,
o un poco diferente, es decir, también totalmente diferente.
Los más diligentes nos miran ingenuamente a los ojos,
porque hacían cuenta de que encontrarían en ellos la perfección.


De "Si acaso" 1972       



No hay comentarios: