Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia.Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluido na Antoloxía do conto de medo galego, una selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia
Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo (Antena 3), Motivos personales (Telecinco), Círculo Rojo (Antena3) e Los misterios de Laura (TVE).
En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tintes de misterio ambientada en Galicia Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO.
Obra
Alén da aventura, Colección Árbore da Editorail Galaxia (1992).
Gárgola, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia(1993).
Cara á fin da luz, Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais (1995).
O baúl, relato incluido na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).
As sete mortes, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia (2009).
Fonte: Editorial Galaxia e Galipedia
SINOPSE DA NOVELA
Os protagonistas da historia, un misterioso home de pasado incerto e unha incrible facilidade para sobrevivir e unha restauradora afectada por un trauma persoal, emprenden unha viaxe que dende Ourense lévaos por toda Galicia pasando por Lugo, O Courel, Fisterra e Santa tegra ata a Torre de Hércules. Unha viaxe desesperada que é ao mesmo tempo unha fuxida para salvar a súa vida e unha procura da súa propia identidade seguindo as pistas atopadas nun antigo pergamiño no que a lenda dos descendentes de Breogán transfórmase en realidade.
Percorrido dos protagonistas
ALGÚNS DOS LUGARES MENCIONADOS en " As sete mortes"
Parador Nacional de Tui e Río Miño
OURENSE
A noite estaba cuberta, polo que a silueta da catedral case non se distinguía. Xacobe coñecía poucas coma a de Ourense. Sen unha torre chamando ás portas do ceo, sen unha praza desde onde contemplala, a catedral ficaba en silencio...(p. 17)
Catedral de Ourense
Saiu da estación loitando por non perder a consciencia a cada paso que daba. Un par de taxis agardaban na entrada (p. 26).
Estación de tren de Ourense
- O Colexio dos Salesianos... - Traballei aquí hai anos, coidando o xardín. Este era o meu cuarto ... (di Xacobe) (p.66)
Salesianos de Ourense
SANTIAGO DE COMPOSTELA Tras abandonar o coche no aparcadoiro da estación de tren, camiñaron en silencio polas rúas de Santiago, que pouco a pouco ían cobrando vida (p.72)
Estación de tren de Santiago
Ricardo, Natalia e Xacobe atravesaban o Obradoiro, a choiva rebotaba contra as pedras da praza e da catedral, dando un brillo especial a todas elas, coma se estivesen vivas.... Aceleraron o paso entre as rúas, estreitas e labirínticas ata chegar á Rúa Nova (p.84)
Praza do Obradoiro e Catedral de Santiago
Rúa Nova
BURELA (LUGO) Ás seis da tarde, Federico aparcaba a súa furgoneta xunto ao bar de Cangas de Foz (...)Xacobe mirou arredor. Estaban xunto á estrada, na porta dun bar chamado O Recuncho. Había unhas cantas casas espalladas ao longo da calzada. Non moi lonxe, as montañas erguíanse maxestosas, e unha néboa espesa empezaba a formarse nos cumios(p.101-2)
Cangas de Foz
Vilasindre (Burela)
LUGO Cruzou o arco e detívose aos seus pés. Na cara do interior había un pequeno oco no arco. Nese oco, a uns catro metros sobre o chan, descansaba a imaxe do apóstolo santiago da que Natalia falara (p. 124)
Porta de Santiago na muralla de Lugo
Poucos minutos tras a posta de sol, os últimos visitantes do Museo Provincial de Lugo saíron do edificio.
Natalia e Xacobe avanzaron ata a entrada traseira (...) Detivéronse ao chegar a unha sala ampla onde había un inmenso mosaico no chan.
- ¿Que é isto?- preguntou Xacobe.
-O mosaico de Armañá. A única peza deste estilo que nos deixaron os romanos sobre a escena de Dédalo e Pasifae.(paxs. 134-5)
Mosaico de Armañá (Museo Provincial de Lugo)
O COUREL (LUGO) Xacobe tentou distinguir algo a través da ventá, pero era inútil. Os faros iluminaban unha densa néboa que case non podían atravesar. Natalia conducía con precaución, suxeitando o volante con firmeza, mentres o coche baixaba por unha estrada estreita e serpenteante que semellaba trazada por un mono bébedo subido a unha montaña rusa(...) Por un intre os faros do coche iluminaron un pequeno cartel a un lado da estrada. "LU-651. Km. 12." (p. 149)
LU-651
FINIS TERRAE Xacobe deixou sobre a barra o diñeiro das dúas cervexas. Mentres as levaba á mesa onde Fiz agardaba, sentiu as olladas furtivas que os clientes lles adicaban... Naquel local de Cee, os homes, pescadores na súa maioría, levaban xa un par de horas botando a partida, igual que fixeran toda a súa vida (p. 199)
Porto de Cee
A furgoneta saiu a campo aberto. A estrada nacional pola que avanzaban converteuse nunha comarcal que serpeaba paralela á costa. Xacobe tensou as mans arredor do volante cando sentiu a presenza do mar. Aos seus oídos chegaban os sons das ondas rompendo contra os acantilados de Fisterra, o cabo máis oriental do país, onde os romanos pensaban que morría o mundo. (p.202)
Cabo Fisterra
SANTA TEGRA (A Guarda- Pontevedra) Ás sete da tarde, o Peugeot subía pola sinuosa estrada que conducía ao cumio do monte Santa Tegra. Desde o asento do copiloto, Natalia tiña unha vista inmellorable do mar, que a cada curva aparecía máis vasto e triste(...) Deixaron o coche á beira do camiño, tras unha pequena casa de pedra. Percorreron os douscentos metros que os separaban do antigo asentamento celta, e ao velo, Xacobe detívose, impresionado ao observalo. Decenas de construcións estendíanse nuns mil metros cadrados de terreo irregular. (...) Entre todos os círculos de pedra, só había un totalmente restaurado, con muros altos e un tellado que o protexía da choiva e o vento...(p.242-3)
Monte Santa Tegra (A Guarda) e " o fillo de Irimía" (o Miño)
Castro de Santa Tegra
TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA) Co corazón encollido, Natalia guiou a nave, resgardada polas dúas paredes de auga, tras as que o mar rompía con violencia pero incapaz de traspasar a barreira que o canto de Xacobe levantara. Nada máis abandonar o barco e poñer un pé en terra firma, as ondas pecháronse sobre o paso que abriran. (...) Sen dicirse nada, os dous observaron como a tempestade golpeaba sen clemencia a impoñente figura da Torre de Hércules. (p. 277)
Natalia sentiu como os seus pés deixaban de pisar as pozas que se formaban na terra e pasaban a pisar unha superficie máis dura. Estaban sobre a Rosa dos Ventos, un mosaico circular de pedra de vinte e cinco metros de diámetro. No círculo aparecían representados os puntos cardinais e as súas bisectrices, coma un enorme compás. (p. 278)
A MÚSICA do LIBRO Eran case as tres da mañá cando Xacobe e Natalia deixaban atrás as luces de Lugo. Ela sentou no asento do copiloto para tentar botar unha cabezada, pero os seus ollos resistíanse a pecharse. A radio case non captaba emisoras, así que decidiu buscas algunha cinta na guanteira. (...) natalia escolle unha cinta ao azar e meteuna. Unha gaita comezou a soar lenta, docemente. Era a melodía d'Irmandade das estrelas. (p. 143)
LITERATURA en AS SETE MORTES
Laura quedou pensativa uns segundos. As palabras saíron da súa boca nun murmurio.
- O cuarto amarelo...
-¿Que?
-"O misterio do cuarto amarelo". No libro, o asasino tenta acabar coa súa vítima nun cuarto no que ninguén o vira entrar nin saír, e no que a vítima estaba soa ata o momento de pecharse dentro (p. 13)
de Gaston Leroux
A Xacobe todo lle parecía real e irreal a un tempo. Tiña a sensación de estar caendoa través da tobeira do coello branco e agora non sabería saír daquel país de marabillas
(p. 167).
de Lewis Carroll
Fiz non deixaba de mirar arredor, impresionado.
-Semella "Grandes esperanzas"...
-¿Como?
-"Grandes esperanzas" a novela de Dickens. Nela hai un personaxe, a señora Havisham, que vive nunha mansión igual que esta. A muller está como unha cabra e ten toda a casa feita un cristo...como se o tempo se detivese no seu interior (p.203)
Á súa mente acudiu a imaxe dunha das súas historias favoritas: o Conde de Montecristo, Edmundo Dantés, que xunto co abate Faria, outro preso dunha cela próxima, tentou escavar un túnel durante anos para fuxir da prisión de If (p. 208-9)
MITOLOXÍA E SIMBOLOXÍA CELTA Dende o IES Lagoa de Antela de Xinzo, chéganos ESTE DOCUMENTO elaborado polos lectores do seu club, e que nos pode axudar a aclarar algúns dos aspectos da temática do libro relacionados cos mitos do mundo celta. (Xacobe)colleu a marcada co Awen. Este é o do druida.(p. 247)
Xacobe paseou a súa mirada polos símbolos, ata que chegou á pedra marcada coa espiral. Despois, levou a man ao seu colgante. O mesmo símbolo... -A espiral ... é un dos símbolos máis antigos da humanidade. Acostúmase asociarse co sol, coa vida...e a reencarnación.(p.247)
O tríscele...-sinalou Natalia. Dixéchesme que Mateo tiña este debuxo tatuado no seu abdome (p. 248)
TRÍSCELE ou TRISQUEL relacionado co ciclo solar, o principio e o fin e a aprendizaxe perpetua
Un recordatorio dirixido a todos os que temos tendencia a esquecernos das datas. Estas son as previstas para as vindeiras reunións do club neste curso.
Xa estamos de volta das vacacións de nadal!. Moitos somos da opinión de que pasaron voando, sen apenas decatarnos. Pero seguro que, entre xantar e xantar, reunións familiares e compras frenéticas de regalos, tivemos tempo para ler un libro que nos recomendaron, ou para rematar aquel que levaba tempo ó carón da cama. Se así foi efectivamente, e credes que algunha desas lecturas pagou a pena, non deixedes de recomendarlla ás vosas amizades, familiares ou compañeiros do club "Laretas".
Para empezar con bo ánimo este 2012 e romper a racha de malas novas que escoitamos a cotío, temos que decirvos que o proxecto do Club Laretas que presentamos á convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011-2012 foi aprobado. Iso se traduce nunha axuda económica coa que poderemos mercar libros e materiais para o club e organizar actividades: 900 euriños que nos van vir moi ben e que gastaremos con cabeciña.
Lembrade que a próxima reunión terá lugar este luns 16 de xaneiro. Falaremos da novela de Carlos Vila Sexto " As sete mortes"
O luns 28 xuntámonos novamente para falar de "Intercambio con un inglés". Esta vez contamos coa presencia de dúas novas "laretas", Lara e Andrea de 3º ESO.
As opinións sobre a obra escollida foron variadas, predominando as críticas a un argumento demasiado lineal, un tanto previsible se cabe, e a un final (en palabras textuais de Lara) "que non ten xeito".
SI coincidimos todos en que a caracterización da nai do protagostina nos recordou en moitos detalles a calquera das nosas nais, pero quizás esperábamos máis da autora á hora de dar vida a Jasper, o rapaz inglés que chega (sin querelo nin bebelo) á casa de Ewald, o narrador e protagonista do relato.
Falamos de tópicos, de prexuizos, de castigos e premios, de ilusións rotas cos regalos de cumpleanos (especialmente cando abandonamos a infancia e empezamos a facernos adultos)...
Ó remate da sesión, e tras algunha que outra reticencia a ler en galego, quedamos emprazados para a volta das vacacións de nadal, o 16 de xaneiro, coa lectura de "AS SETE MORTES" de Carlos Vila Sexto.
O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron.
Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESO
A lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial.
Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...)
Un recordatorio para todos os "Laretas" do Poeta Añón: lembrade que a nosa primeira cita deste curso será o vindeiro luns día 7 de novembro á hora do xantar.
Xa sabedes que a reunión xirará ó redor do libro "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA" de J. Kerr, título que nos foi facilitado polos compañeiros do "IES Fraga de Novio" de Porto do Son.
Aquí van un par de vídeos en relación coa temática desta noveliña:
O primeiro procede da película de Charles Chaplin, "El Gran Dictador" (metraxe moi recomendable que tedes á vosa disposición na biblioteca) e que se corresponde a esa escea maxistral na que o protagonista, Adenoid Hynkel, xoga co mundo parodiando a figura do personaxe real que todos coñecemos e que se menciona no libro.
O segundo vídeo permitiravos ver, dun xeito moi gráfico e resumido as distintas fases do conflicto europeo dende 1939 a 1945.Os comentarios a pe de imaxe están en inglés pero seguro que non tedes problema en entendelos.
Aínda que puidera parecer que desaparecéramos do espectro Internet, como ben vedes aqui estamos de novo. Certo é que non demos sinais de vida nos últimos 6 meses. Como dicían os clásicos "TEMPUS FUGIT" e a verdade é que non tivemos tempo de compartir convosco as nosas últimas xuntanzas.
Aínda que xa queda un pouco lonxe, no mes de abril compartimos a lectura de "El lugar de los murciélagos"de Joan Gisbert. Houbo variedade de opinións sobre o libro e, curiosamente, a reunión rematou falando de falando de güijas, futuroloxía e quiromancia. Realmente pasamos un bo rato e botamos unhas risas como vedes nas fotos.
Pero, por desgraza, tamén tivemos momentos de tristura en relación coa nosa última lectura do curso 2010-2011. "A miña pranta de laranxa lima" emocionounos a todos sen excepción pero ademais, o inicio deste curso troúxonos a triste, triste nova do pasamento de Mª Dolores, a profesora do IES Luis Seoane de Pontevedra que nos facilitara os exemplares para o noso club.
Aínda que un pouco tarde, tamén nos gustaría dende este recuncho facerlle chegar o noso agradecemento, sumándonos a tódalas bibliotecas escolares de Galicia que elaboraron este documento en homenaxe a esta profesora e bibliotecaria.
Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
Imaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig
Hoxe 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando o día do nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Con este motivo, a IBBY (International Board on Books for Young People ou Organización Internacional do Libro Xuvenil) encarga cada ano a un país membro a edición dun cartel (o deste ano podedes velo na imaxe) e dunha mensaxe dirixida a tódolos rapaces do mundo. Este ano tocoulle o turno a Estonia, representada pola escritora Aino Pervik e polo ilustrador Jüri Mildeberg. Se premedes AQUÍ teredes acceso ó tríptico conmemorativo difundido pola OEPLI (sección española da IBBY) e titulado "O LIBRO LEMBRA"
Unha das máis ávidas lectoras do club (Lucía Trillo Cienfuegos de 2ºB) recoméndanos estas dúas novelas :
EL CLUB DE LOS CORAZONES SOLITARIOS ( Elisabeth Eulberg)
ARGUMENTO: A Penny Lane rompeulle o corazón o amor de toda a súa vida. Desengañada e afundida, xura non volver pensar nin saír máis co sexo oposto, polo menos, no que queda do instituto. Aínda que ao principio as súas amigas tómana por tola, ao final, todas van tendo problemas cos mozos, polo que o Club dos Corazóns Solitarios vai empezando a contar con decenas de socias. Con isto, gañásense a antipatía dos mozos do instituto e ata, o propio director, pediralles que disolvan o club
"Amor. Una palabra importante a lo largo de la vida. A veces te ríes de ella, otras suspiras por ella, otras prácticamente la desprecias. La razón de todas estas reacciones es que el amor conlleva con él a los chicos. ¿A quien no le han roto el corazón alguna vez? O incluso más importante... ¿cómo recuperarse del amor? Este libro contiene la respuesta".(Lucía, 2ºB)
PERDONA SI TE LLAMO AMOR (Federico Moccia)
ARGUMENTO:Niki é unha moza madura e responsable que cursa o seu último ano de secundaria. Alessandro é un exitoso publicista de 37 anos a quen acaba de deixar a súa noiva de toda a vida. A pesar dos 20 anos de diferenza que hai entre ambos e do abismo xeracional que os separa, Niki e Alessandro namoraranse locamente e vivirán unha apaixonada historia de amor en contra de todas as convencións e prexuízos sociais.
"Una chica. Un hombre. Un amor fuera de las reglas de la sociedad. Siente como te atrapa en cada página los sentimientos del amor. En este libro se cuenta como lo que una palabra tan simple como "amor" encierra: principios, comienzos, disgustos, alegrías, misterio, aventura y sobre todo más sentimientos de los que puedes imaginar". (Lucía, 2ºB)
"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
Como xa vos comentáramos, hoxe era o día fixado para celebrar o segundo encontro do club. A disculpa esta vez era a lectura do libro "EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA". E dicimos "a disculpa", porque como soe acontecer, nunca sabemos os derroteiros polos que pode transcurrir a xuntanza.
Tralo pertinente xantar reconstituínte, tivemos ocasión de coñecer máis de cerca ó autor do libro, o prolífico Jordi Sierra i Fabra. (Se vos interesa compartir alguns detalles da súa vida e traxectoria premede AQUÍ). En canto á novela en sí, houbo diversidade de opinións como podedes comprobar nos comentarios.
LEMBRADE QUE PODEDES DEIXAR A VOSA OPINIÓN CLICANDO NO TÍTULO DO POST!!
Es un libro que relata el amor, sus dificultades y también alguna que otra cosa positiva. La autora del libro lo lleva al extremo del romance entre una chica normal y un vampiro. (Lucía Trillo Cienfuegos, 2ºB)
RELATOS DE FANTASMAS de Steven Zorn Gustoume este libro porque a min gústanme os libros de terror. Aparecen esceas de suicidios, asesinatos,... .
Pero tamén me parece un pouco esaxerado que a un home lle creza o pelo cando pode quitar a súa cabeza. A escea que máis me gustou foi a do cabaleiro negro sen cabeza. Pero que o cabalo deste cabaleiro teña a cabeza tan grande como o corpo é unha trola. SABINO LEMA (1ºA)
SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO de John Verdon
Una historia muy original. Me gustó mucho. El libro te mantiene en tensión hasta el final. El protagonista, un policía retirado, debe enfrentarse a un asesino psicópata capaz de leer la mente. Una persecución por los Estados Unidos que terminará de forma totalmente inesperada. SERGIO MAYO (2º B)
De seguro que a máis de un se vos ten pasado pola cabeza facer o que suxire o título con algún que outro profesor (non só de lingua). Pero con este libro de Jordi Sierra i Fabra ides levar unha sorpresa porque a historia non é como aparenta ser...
Se queredes descubrir que ocorre realmente, invitámosvos a ler o libro e a compartir as todos xuntos as nosas impresións na próxima reunión do club de lectura, o vindeiro LUNS 21 DE MARZO.
O primeiro libro escollido para o noso club foi "A MANSIÓN DOS PAMPÍN" de Miguelanxo Prado, un albúm de banda deseñada que lle foi encargado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) e que forma parte do Proxecto Terra (por se vos interesa ler unha versión en formato vídeo coas voces do alumnado do IES Ferrolterra -Ferrol-, premede AQUÍ) A lectura permiteunos reflexionar sobre os cambios que está a experimentar o espazo no que vivimos: a transformación do rural, a especulación inmobiliaria, o feísmo, os "novos ricos"... foron algúns dos temas que xurdiron durante a reunión. Grazas ás novas tecnoloxías, ó remate da sesión pudemos contemplar algunhas fotografías (recopiladas polo xornal La Voz de Galicia -edición dixital- baixo o título CHAPUZAS) que recollen escenas habituais na paisaxe galega. Queremos compartilas con todos vós así que aquí tedes unha selección feita por un profe do IES Afonso X de Cambre, con comentarios incluídos.