Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
29 de nov. de 2011
2ª reunión do CLUB
O luns 28 xuntámonos novamente para falar de "Intercambio con un inglés". Esta vez contamos coa presencia de dúas novas "laretas", Lara e Andrea de 3º ESO.
As opinións sobre a obra escollida foron variadas, predominando as críticas a un argumento demasiado lineal, un tanto previsible se cabe, e a un final (en palabras textuais de Lara) "que non ten xeito".
SI coincidimos todos en que a caracterización da nai do protagostina nos recordou en moitos detalles a calquera das nosas nais, pero quizás esperábamos máis da autora á hora de dar vida a Jasper, o rapaz inglés que chega (sin querelo nin bebelo) á casa de Ewald, o narrador e protagonista do relato.
Falamos de tópicos, de prexuizos, de castigos e premios, de ilusións rotas cos regalos de cumpleanos (especialmente cando abandonamos a infancia e empezamos a facernos adultos)...
Ó remate da sesión, e tras algunha que outra reticencia a ler en galego, quedamos emprazados para a volta das vacacións de nadal, o 16 de xaneiro, coa lectura de "AS SETE MORTES" de Carlos Vila Sexto.
26 de nov. de 2011
"CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"
O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron.
Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESO
A lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial.
Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...)
2 de nov. de 2011
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB con "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"
Xa sabedes que a reunión xirará ó redor do libro "CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA" de J. Kerr, título que nos foi facilitado polos compañeiros do "IES Fraga de Novio" de Porto do Son.
Aquí van un par de vídeos en relación coa temática desta noveliña:
O primeiro procede da película de Charles Chaplin, "El Gran Dictador" (metraxe moi recomendable que tedes á vosa disposición na biblioteca) e que se corresponde a esa escea maxistral na que o protagonista, Adenoid Hynkel, xoga co mundo parodiando a figura do personaxe real que todos coñecemos e que se menciona no libro.
O segundo vídeo permitiravos ver, dun xeito moi gráfico e resumido as distintas fases do conflicto europeo dende 1939 a 1945.Os comentarios a pe de imaxe están en inglés pero seguro que non tedes problema en entendelos.
19 de out. de 2011
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO!
Aínda que xa queda un pouco lonxe, no mes de abril compartimos a lectura de "El lugar de los murciélagos" de Joan Gisbert. Houbo variedade de opinións sobre o libro e, curiosamente, a reunión rematou falando de falando de güijas, futuroloxía e quiromancia. Realmente pasamos un bo rato e botamos unhas risas como vedes nas fotos.
Pero, por desgraza, tamén tivemos momentos de tristura en relación coa nosa última lectura do curso 2010-2011. "A miña pranta de laranxa lima" emocionounos a todos sen excepción pero ademais, o inicio deste curso troúxonos a triste, triste nova do pasamento de Mª Dolores, a profesora do IES Luis Seoane de Pontevedra que nos facilitara os exemplares para o noso club.
Aínda que un pouco tarde, tamén nos gustaría dende este recuncho facerlle chegar o noso agradecemento, sumándonos a tódalas bibliotecas escolares de Galicia que elaboraron este documento en homenaxe a esta profesora e bibliotecaria.
2 de abr. de 2011
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Con este motivo, a IBBY (International Board on Books for Young People ou Organización Internacional do Libro Xuvenil) encarga cada ano a un país membro a edición dun cartel (o deste ano podedes velo na imaxe) e dunha mensaxe dirixida a tódolos rapaces do mundo. Este ano tocoulle o turno a Estonia, representada pola escritora Aino Pervik e polo ilustrador Jüri Mildeberg. Se premedes AQUÍ teredes acceso ó tríptico conmemorativo difundido pola OEPLI (sección española da IBBY) e titulado "O LIBRO LEMBRA"
31 de mar. de 2011
VAI DE AMOR...
ARGUMENTO: A Penny Lane rompeulle o corazón o amor de toda a súa vida. Desengañada e afundida, xura non volver pensar nin saír máis co sexo oposto, polo menos, no que queda do instituto. Aínda que ao principio as súas amigas tómana por tola, ao final, todas van tendo problemas cos mozos, polo que o Club dos Corazóns Solitarios vai empezando a contar con decenas de socias. Con isto, gañásense a antipatía dos mozos do instituto e ata, o propio director, pediralles que disolvan o club
"Amor. Una palabra importante a lo largo de la vida. A veces te ríes de ella, otras suspiras por ella, otras prácticamente la desprecias. La razón de todas estas reacciones es que el amor conlleva con él a los chicos. ¿A quien no le han roto el corazón alguna vez? O incluso más importante... ¿cómo recuperarse del amor? Este libro contiene la respuesta". (Lucía, 2ºB)
ARGUMENTO:Niki é unha moza madura e responsable que cursa o seu último ano de secundaria. Alessandro é un exitoso publicista de 37 anos a quen acaba de deixar a súa noiva de toda a vida. A pesar dos 20 anos de diferenza que hai entre ambos e do abismo xeracional que os separa, Niki e Alessandro namoraranse locamente e vivirán unha apaixonada historia de amor en contra de todas as convencións e prexuízos sociais.
"Una chica. Un hombre. Un amor fuera de las reglas de la sociedad. Siente como te atrapa en cada página los sentimientos del amor. En este libro se cuenta como lo que una palabra tan simple como "amor" encierra: principios, comienzos, disgustos, alegrías, misterio, aventura y sobre todo más sentimientos de los que puedes imaginar". (Lucía, 2ºB)
21 de mar. de 2011
IN MEMORIAM: MIL PRIMAVERAS MÁIS
2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
Tralo pertinente xantar reconstituínte, tivemos ocasión de coñecer máis de cerca ó autor do libro, o prolífico Jordi Sierra i Fabra. (Se vos interesa compartir alguns detalles da súa vida e traxectoria premede AQUÍ). En canto á novela en sí, houbo diversidade de opinións como podedes comprobar nos comentarios.
LEMBRADE QUE PODEDES DEIXAR A VOSA OPINIÓN CLICANDO NO TÍTULO DO POST!!
18 de mar. de 2011
MÁIS OPINIÓNS
CREPÚSCULO de Stephenie Meyer
Es un libro que relata el amor, sus dificultades y también alguna que otra cosa positiva. La autora del libro lo lleva al extremo del romance entre una chica normal y un vampiro. (Lucía Trillo Cienfuegos, 2ºB)
15 de mar. de 2011
OPINIÓNS DOS LECTORES
Pero tamén me parece un pouco esaxerado que a un home lle creza o pelo cando pode quitar a súa cabeza. A escea que máis me gustou foi a do cabaleiro negro sen cabeza. Pero que o cabalo deste cabaleiro teña a cabeza tan grande como o corpo é unha trola. SABINO LEMA (1ºA)
SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO de John Verdon
EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA
Se queredes descubrir que ocorre realmente, invitámosvos a ler o libro e a compartir as todos xuntos as nosas impresións na próxima reunión do club de lectura, o vindeiro LUNS 21 DE MARZO.
14 de mar. de 2011
A MANSIÓN DOS PAMPÍN
14 de feb. de 2011
POR FIN UN CLUB DE LECTURA no IES POETA AÑÓN!!
- As reunións terán lugar os luns, tralas clases da mañá. Como é o único día que temos clases pola tarde, non hai problemas de transporte para ninguén.
- Para ir "rompendo o xeo", compartimos entre todos o momento do xantar, un xantar relativamente rápido (entre 30 e 40 minutos) e frugal ( non dá tempo a comer un cocido)
- Unha vez cargadas as baterías de enerxía, pasamos á sesión "salón de tertulias". Aí pode pasar DE TODO unha vez que nos poñemos a falar. Partindo da lectura do libro proposto 4 semanas antes (libro que tratamos de facilitar dende a biblioteca), cada membro do club pode facer as reflexións que considere oportunas.
- Lembrade que NON É UNHA ACTIVIDADE ACADÉMICA. Non se pon nota nin se fan exames. Trátase de reflexionar en alto sobre o que se leu e, se é posible, enriquecer as lecturas co visionado de algún documento ou película relacionado coa temática do libro.