Este luns tivemos doble sesión do Club de Lectura. Ao mediodía coa rapazada e pola tarde cos adultos.
Co grupo da ESO lemos Be Water de Antía Yáñez. Se sumamos quen non veu, quen non o acabou de ler e quen non o entendeu, podemos deducir que non foi un libro que gustara moito. Deu para debate porque sempre hai cousas que debatir: a importancia da auga, a diferencia entre as relacións consentidas ou non consentidas, os totalitarismos, as distopías, algún que outro dilema moral...
Xa á tardiña dedicámonos ao Club da Calceta de María Reimóndez. Aínda estivemos tecendo un bo rato. Entre comentarios, opinións, anécdotas, testimonios, risas e a confesión dalgún que outro segredo, pasóusenos o tempo axiña.



.jpg)
.jpg)


.jpg)


(1).jpg)
.jpg)
(1).jpg)