26 de maio de 2026

Sete Caveiras

Onte tivemos a derradeira sesión do club de lectura de adultos deste curso, e rematamos a faena con Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. Un libro que gustou maioritariamente por entretido pero que, baixo a análise detallado, acabou por ter abundantes críticas. Recomendable como lectura sen expectativa.

Despois chegou a sorpresa. E é que unha das integrantes do noso grupo presentounos o seu novo libro de poesía, Sempre Lela, adicado a súa nai. E leunos un poema! Foi ben emocionante!
Xa temos libro para comezar o curso vindeiro e máis así asegurámonos o encontro coa autora!!


Ningún comentario: