29 de xuño de 2026

Remate e punto final

Pois rematamos definitivamente as sesións do Club de lectura do curso 2025-2026, neste caso, co grupo dos adultos. E nada como unha cea para botar unhas risas, compartir bos momentos e planificar os futuros.

E parece que quedamos con ganas, a verdade, posto que xa decidimos alí mesmo cando sería a primeira sesión do club do curso vindeiro e máis o libro e a presentación que terá lugar. A iso se lle chama previsión!!

23 de xuño de 2026

Guías de Lectura: curso 2025-2026

Por se foran de utilidade, deixamos o enlace ás guías realizadas dos libros de lectura deste curso (algún dos de adultos quedou sen guía) .

Guías de Lectura Laretas:

- O Corazón de Xúpiter - Ledicia Costas

- La muy catastrófica visita al zoo - Jöel Dicker

- A banda sen futuro - Marilar Aleixandre

Guías de Lectura Laretas adultos:

- Extraordinario - Antón Lopo

- Paradero desconocido - Kressmann Taylor

- Veleno en familia - Rocío Leira

- La muy catastrófica visita al zoo - Jöel Dicker

- Como Bestias - Violaine Bérot

- Sete caveiras - Elena Gallego Abad

Tampouco hai guía da andaina xa que desta volta unímonos ao grupo de PDC para facer a saída do club de lectura.

16 de xuño de 2026

Menudas Piezas

No ano 2018 alumnado de un colexio público de Zaragoza conseguiu ganar, contra todo prognóstico, o campeonato de xadrez de España. Neste feito real inspirouse o director Nacho García Velilla para filmar a pelicula Menudas piezas.

 
O filme valeunos para ilustar o libro que lemos neste trimestre e ademáis para despedir o curso que remata xa que foi, a de onte, a nosa derradeira sesión do club de lectura da ESO neste curso.
Foi entretida e gustou. Pasamos un bo rato. Un bo broche para o curso.