Amosando publicacións coa etiqueta aceptación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aceptación. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2026

Menudas Piezas

No ano 2018 alumnado de un colexio público de Zaragoza conseguiu ganar, contra todo prognóstico, o campeonato de xadrez de España. Neste feito real inspirouse o director Nacho García Velilla para filmar a pelicula Menudas piezas.

 
O filme valeunos para ilustar o libro que lemos neste trimestre e ademáis para despedir o curso que remata xa que foi, a de onte, a nosa derradeira sesión do club de lectura da ESO neste curso.
Foi entretida e gustou. Pasamos un bo rato. Un bo broche para o curso.

11 de maio de 2026

A banda sen futuro

 A banda sen futuro de Marilar Aleixandre foi a derradeira lectura deste ano no grupo da ESO. Non sabemos se foi a chegada da primavera, os exames, traballos ou o que, pero a cuestión é que hoxe eramos case a metade dos que solemos ser habitualmente. Costou arrancar pero ao final conseguimos comentar moitas das cuestións que trata o libro: a incerteza ante o futuro, a inseguridade, a diferenza, a falla de autoestima e a importancia da imaxe entre outros. Tamén comentamos o desfase e a desactualización do libro, escrito xa no século pasado, ao falarnos de negativos (de fotos), cintas (de casete), teléfonos fixos, a televisión como principal fonte de información.... 


Pouquiño a pouco fumos quen de ir debullando o libro. Parece ser que de momento aínda somos unha banda con futuro!