11 de maio de 2026

A banda sen futuro

 A banda sen futuro de Marilar Aleixandre foi a derradeira lectura deste ano no grupo da ESO. Non sabemos se foi a chegada da primavera, os exames, traballos ou o que, pero a cuestión é que hoxe eramos case a metade dos que solemos ser habitualmente. Costou arrancar pero ao final conseguimos comentar moitas das cuestións que trata o libro: a incerteza ante o futuro, a inseguridade, a diferenza, a falla de autoestima e a importancia da imaxe entre outros. Tamén comentamos a desactualización do libro, escrito no século pasado, xa que fala de negativos (de fotos), cintas (de casete), teléfonos fixos, a televisión como principal fonte de información.... 


Pouquiño a pouco fumos quen de ir debullando o libro. De momento aínda somos unha banda con futuro!


Ningún comentario: