No ano 2018 alumnado de un colexio público de Zaragoza conseguiu ganar, contra todo prognóstico, o campeonato de xadrez de España. Neste feito real inspirouse o director Nacho García Velilla para filmar a pelicula Menudas piezas.
Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
16 de xuño de 2026
11 de maio de 2026
A banda sen futuro
A banda sen futuro de Marilar Aleixandre foi a derradeira lectura deste ano no grupo da ESO. Non sabemos se foi a chegada da primavera, os exames, traballos ou o que, pero a cuestión é que hoxe eramos case a metade dos que solemos ser habitualmente. Costou arrancar pero ao final conseguimos comentar moitas das cuestións que trata o libro: a incerteza ante o futuro, a inseguridade, a diferenza, a falla de autoestima e a importancia da imaxe entre outros. Tamén comentamos o desfase e a desactualización do libro, escrito xa no século pasado, ao falarnos de negativos (de fotos), cintas (de casete), teléfonos fixos, a televisión como principal fonte de información....

.jpg)