No ano 2018 alumnado de un colexio público de Zaragoza conseguiu ganar, contra todo prognóstico, o campeonato de xadrez de España. Neste feito real inspirouse o director Nacho García Velilla para filmar a pelicula Menudas piezas.
Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
16 de xuño de 2026
11 de maio de 2026
A banda sen futuro
A banda sen futuro de Marilar Aleixandre foi a derradeira lectura deste ano no grupo da ESO. Non sabemos se foi a chegada da primavera, os exames, traballos ou o que, pero a cuestión é que hoxe eramos case a metade dos que solemos ser habitualmente. Costou arrancar pero ao final conseguimos comentar moitas das cuestións que trata o libro: a incerteza ante o futuro, a inseguridade, a diferenza, a falla de autoestima e a importancia da imaxe entre outros. Tamén comentamos o desfase e a desactualización do libro, escrito xa no século pasado, ao falarnos de negativos (de fotos), cintas (de casete), teléfonos fixos, a televisión como principal fonte de información....
23 de abr. de 2026
A moi fantástica visita á mina e ao zoo
Pois aproveitando a visita que estaba prevista para o PDC do noso centro e unha vez que nos enteramos de que ían visitar, entre outras cousas, o parque zoolóxico de Marcelle e posto que limos o libro de Jöel Dicker, decidimos tentar á sorte (a ver se nos ía pasar como no libro) e unirnos aos nosos compañeiros. Así que adiantamos a tradicional excursión de fin de curso do Club de Lectura a este mes.
Pola mañá fumos á Pontenova visitar a mina Consuelo, a única de Galicia onde se pode acceder (con guía) a unha das galerías. Dende os fornos do centro da Pontenova o guía, Jorge, explicounos a implicación e a importancia do descubrimento do mineral para o pobo e a comarca, e máis a historia ata o peche da actividade na mina. No interior xa, xunto co emocionante descenso ao nivel -1, aprendemos cousas sobre as carrizas luminosas, os espeleotemas e os estromatolitos. Para rematar a ruta lanzámonos na tirolina para volver a través de túneles furados na montaña, ao único forno de Boulloso que queda en pé.
Despois dunha máis que merecida comida e doutra boa cabalgada no autobús chegamos ao parque zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rei. Neste caso o guía, David, contounos moitísimas cousas interesantes sobre os animais que alí atopamos dun xeito ben ameno tamén. Rematamos a faena cunha actividade de tiro con arco.
Tivemos moita sorte co tempo porque esperou case a que subiramos ao autobús de volta para poñerse a chover. Foi un día longo e canso, pero moi ben aproveitado, fantástico e divertido.
16 de mar. de 2026
Wolfgang
É un filme español do ano 2025 baseado na novela do mesmo título da escritora Laia Aguilar. Narra a historia de Wolfgang, un rapaz cun alto coeficiente intelectual e con TEA (trastorno do espectro autista) que se ve na obriga de ir vivir co seu pai (a quen non coñece) despois da inesperada morte da nai.
O acercamento, o coñecemento e a convivencia mutua centra, entre outros avatares a historia (entre eles a propia morte da nai). Unha película emotiva que gustou moito, por certo.
22 de dec. de 2025
Sesión dupla
Para despedir o ano (non o curso), o luns pasado, tivemos dobre sesión. Ao mediodía coa rapazada da ESO e á tardiña co grupo de adultos.
Como sempre insistimos no negativo das redes sociais, desta volta e para compensar o desacougo que deixou na rapazada o final da lectura de O Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, decidimos poñer unha película amable con respecto ás redes sociais.
Neste caso unha neta axuda ao seu avó a contactar cun antigo amor de xuventude, antes de que esqueza todo debido ao avance do alzhéimer. Un filme ben emotivo por certo.
Pola tarde tivemos a sorte de contar coa visita de Rocío Leira para nos falar do libro que estivemos a ler. Veleno en Familia.
17 de nov. de 2025
O Corazón de Xúpiter
Iniciamos hoxe o Club de Lectura de ESO. En total somos 15. Once integrantes do alumnado con representación de todos os cursos e catro profesoras. Comezamos, como é habitual, cunha comida de confraternización que nos preparou Rosi da Cafetería. Disto non hai mostra gráfica porque a nosa maior preocupación era a comida.
Seleccionamos unha lectura que consideramos puidera gustar a toda as idades por igual. O libro escollido foi O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. Non deixa de ter gracia que a autora visitara o noso centro no mesmo ano no que naceu o noso actual alumnado de 1º de ESO.
30 de xuño de 2025
Andaina: As fragas do Eume e Pontedeume
Aproveitando que unha das lecturas do Club deste curso foi O Segredo de Al´eume de Pilar Ortega, decidimos visitar as Fragas do Eume e máis Pontedeume.
Silvia, a nosa guía, explicounos a historia e o desenvolvemento da vila explicándonos a importancia das sardiñas, dos antigos oficios, da pote, da muralla, dos Andrade e máis do arcebispo Rajoy. Rematamos a visita subindo á Torre dos Andrade (sede da oficina de Turismo) e desde o alto puidemos esculcar todo o territorio que pertencía a antiga familia dos Andrade.
17 de xuño de 2025
O dilema das redes
Para rematar o curso e relacionado coa nosa derradeira lectura deste curso, Redes de Eloy Moreno, proxectamos o documental O dilema das redes. A pesar de estar realizado no ano 2020 e de centrarse fundamentalmente no Facebook, deixa entrever perfectamente como funcionan todas as redes sociais actualmente: Instagram, tik-tok, X... para os que somos simplemente productos a vender e dos que sacar aproveitamento.
13 de maio de 2025
Redes
Redes de Eloy Moreno foi a derradeira lectura deste ano coa rapazada da ESO. Eliximos a lectura porque gustáranos moito Invisible, porque trata o tema das redes sociais e porque gústanos ler novidades frescas.
A pesar de que gustou as constantes regresións e progresións no tempo dificultoulle a lectura a algúns.
Afortunadamente parece que non temos a ninguén que sufra de Nomofobia, xa que comentamos tamén a desconexión do día do apagón e a ninguén lle supuxo maior problema.
16 de xuño de 2012
OS LARETAS en OURENSE
- Contemplamos a Ponte do Milenio e percorrimos preto de 500 escalóns poñendo a proba a nosa forma física (alguén andivo nos días seguintes cunhas tremendas maniotas nos xemelgos).
- Achegámonos ás Burgas, as fontes termais que dan nome á cidade.
- Percorrimos o casco histórico: a Praza Maior, Praza do Trigo, Catedral....
- Rematamos a mañá visitando o Museo do Tren, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Alí, da man de Curros Enríquez e do guía do museo, coñecimos a historia da chegada do tren á cidade e admirámonos coa colección de preto de 4000 pezas reunidas por Manuel Fernandez Pacheco, un madrileño que iniciou a súa afeción polos trens despois de recibir como regalo de seu pai un tren de xoguete "PAYÁ".
- Para rematar unha xornada redonda, desprazámonos como auténticos turistas no Tren das Termas que nos levou a Outariz, onde xantamos e nos puxemos a remollo nas súas pozas termais. Saímos renovados e coas baterías cargadas para seguir o vindeiro ano reuníndonos ó redor dos libros (e da comida).
"Na chegada a Ourense da primeira locomotora -1881-"
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.

.jpg)


.jpg)






