16 de mar. de 2026

Wolfgang

É un filme español do ano 2025 baseado na novela do mesmo título da escritora Laia Aguilar. Narra a historia de Wolfgang, un rapaz cun alto coeficiente intelectual e con TEA (trastorno do espectro autista) que se ve na obriga de ir vivir co seu pai (a quen non coñece) despois da inesperada morte da nai.


O acercamento, o coñecemento e a convivencia mutua centra, entre outros avatares a historia (entre eles a propia morte da nai). Unha película emotiva que gustou moito, por certo. 

3 de mar. de 2026

Zapatillas rotas

Zapatillas rotas de Xabier Quiroga é unha longa novela que practicamente gustou a todo o mundo a pesar das dificultades que, a priori, presentaba a obra. Moitas páxinas, o vocabulario utilizado polo autor, o exceso de descricións... pero ao final, maioritariamente enganchou.

A medida que íamos descubrindo a conexión entre as diferentes personaxes e a relación que as unía, o relato íase poñendo interesante descubríndonos unha historia sorprendente e ben triste. É curioso que o final fose inesperado cando en realidade xa comeza o libro con el. É que non nos fixamos!