28 de set. de 2026

O prometido é débeda

Como o prometido é débeda, comezamos este curso cunha sesión de presentación do poemario Sempre Lela da nosa compañeira do club de lectura Esther Piñeiro. Descubrimos que dentro do grupo tamén temos outros escritores e escritoras afeccionados.


Agora que xa foi a presentación oficial o venres pasado (á que asistimos algunhas das integrantes do club) podemos falar da nosa reunión anterior do luns 21. Trouxonos exemplares da súa obra e estívonos a falar do proceso creativo e de como foi que eses papeis soltos escritos pasaran a estar recopilados finalmente nunha publicación. Emocionámonos ao lernos os versos que abren e pechan o poemario adicados a súa nai e finalmente recitamos algún que outro poema.

Foi un bo comezo.

16 de set. de 2026

Pois parece que comezamos con ganas

Pois non está nada mal o número de persoas interesadas no Club de lectura neste curso. Lástima que sexan todas dos primeiros niveis da ESO, senón poderíamos facer dous grupos diferenciados.

O grupo de adultos é máis estable en canto ao número. Se ben é certo que hai algunhas persoas que por cuestión de traslado desaparecen do grupo, hai outras novas que se incorporan.

Sexa como for, sexan todas benvidas!