Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

17 de abr. de 2026

Como bestias

Como bestias de Violaine Bérot foi un libro que gustou case por unanimidade. É a primeira vez que percibimos un posible sesgo de xénero e é que como nos faltou o outro integrante do club non podemos afirmalo rotundamente.

Sorprendeunos (e isto é algo que ten en común con enderezo descoñecido) o feito de que a autora fora quen de contar unha historia tan profunda cunha análise tan detallada en tan poucas páxinas. Unha historia dura e ruda que nos fai reflexionar e preguntarnos sobre quen son as verdadeiras bestas e como a sociedade condiciona (e de que maneira!) o comportamento e máis o que poden ou non poden facer aquelas persoas non normativas ou neurodiverxentes. Como dixo unha das integrantes do club "todo o que a xente pode chegar a facer coa súa intromisión". Como dirían as fadas do conto, normales anormalmente normalizados.

16 de mar. de 2026

Wolfgang

É un filme español do ano 2025 baseado na novela do mesmo título da escritora Laia Aguilar. Narra a historia de Wolfgang, un rapaz cun alto coeficiente intelectual e con TEA (trastorno do espectro autista) que se ve na obriga de ir vivir co seu pai (a quen non coñece) despois da inesperada morte da nai.


O acercamento, o coñecemento e a convivencia mutua centra, entre outros avatares a historia (entre eles a propia morte da nai). Unha película emotiva que gustou moito, por certo. 

23 de feb. de 2026

La muy catastrófica reunión de la muy catastrófica visita al zoo

Pois ou quedou a rapazada agotada da celebración do día de Rosalía (que pode ser) ou non era hoxe o día. Foi un libro que gustou, sen máis. Nin conversas, nin comentarios, nin anécdotas, nin pasaxes graciosos... nada destacable para eles. Un libro deses que pasan sen pena nin gloria. Ímoslle ter que escribir a Joël Dicker para lle explicar que, ao noso alumnado, o libro non lles enganchou moito.

Aínda así deu para comentar xa que estaban moi interesados na razón pola que o libro gustaba tanto aos adultos. A diversidade e a inclusión foron algúns dos temas sobre os que falamos. A cuestión política (a relacionada coa democracia) quedou nun segundo plano. En fin. En conxunto unha catastrófica reunión. Que ben mirado fai honor ao título do libro.

27 de xan. de 2026

La muy catastrófica visita al zoo - Adultos

Jöel Dicker é un autor que nos tiña afeitos ás novelas de intriga e misterio pero con La muy catastrofica visita al zoo, escribiu un libro (segundo el mesmo conta) que puideran compartir persoas de sete a cento vinte anos de idade. E nós decidimos facer a proba. Desta volta foi lectura de adultos e será tamén lectura do club da ESO. Será curioso comparar as conclusións e comentarios dispares, ou non, dun grupo e máis do outro.


Hai que dicir que maioritariamente gustou, e moito. Baixo unha historia que puidera parecer para a rapazada e infantil xa que está narrada por unha nena, escóndense unha obra con temas moi serios aínda que estean tratados dun xeito humorístico.
Igual llelo podemos recomendar á xente para que reflexione sobre cuestións tan importantes como a diversidade, a importancia da educación inclusiva ou a democracia.