O
luns desta semana iniciamos
o Club de Lectura da ESO. Este ano somos unha chea. En total 23.
Dezaoito integrantes do alumnado con representación de case todos os
cursos (de 3º ningún) e cinco profesoras. Comezamos, como é
habitual, cunha comida de confraternización que nos preparou Rosi da
Cafetería.
Ao rematar baixamos a biblioteca e ao tempo que nos presentabamos (xa que se incorporaron 12 persoas), comentamos un pouco os nosos gustos lectores e as nosas lecturas favoritas. Entre tanta xente hai variedade, como non.
Como a temática da biblioteca este curso está ligado ás distopías, comezamos cunha obra xa lida anos atrás. Be Water de Antía Yáñez. Repartimos os exemplares e escollemos un rincón da biblio que nos gustase para comezar a lectura. Teremos que esperar á próxima reunión para saber se acertamos ou non co título proposto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario