Hoxe día 14 de febreiro estamos de estreno: o día escollido para a inauguración do primeiro club de lectura do noso IES foi casual. Pero... por que non? Que mellor ocasión para reunirnos e celebrar o noso AMOR polos libros, compartindo o xantar de maneira distendida e intercambiando impresións sobre a lectura escollida.
Para todos aqueles que , por timidez, descoñecemento, medos varios, ou pola razón que sexa, non vos atrevérades a incorporarvos a el, vos ofrecemos algunhas fotografías que mostran como transcurreu o noso primeiro encontro.
PRIMEIRO ENCONTRO DO CLUB on PhotoPeachSó lembrarvos que aínda estades a tempo para apuntarvos ás seguintes sesións. Recordade que:
- As reunións terán lugar os luns, tralas clases da mañá. Como é o único día que temos clases pola tarde, non hai problemas de transporte para ninguén.
- Para ir "rompendo o xeo", compartimos entre todos o momento do xantar, un xantar relativamente rápido (entre 30 e 40 minutos) e frugal ( non dá tempo a comer un cocido)
- Unha vez cargadas as baterías de enerxía, pasamos á sesión "salón de tertulias". Aí pode pasar DE TODO unha vez que nos poñemos a falar. Partindo da lectura do libro proposto 4 semanas antes (libro que tratamos de facilitar dende a biblioteca), cada membro do club pode facer as reflexións que considere oportunas.
- Lembrade que NON É UNHA ACTIVIDADE ACADÉMICA. Non se pon nota nin se fan exames. Trátase de reflexionar en alto sobre o que se leu e, se é posible, enriquecer as lecturas co visionado de algún documento ou película relacionado coa temática do libro.