Comezamos co Club de Lectura este curso e, como novidade, conseguimos facer un grupo de lectura de adultos. Entre profesorado, ex-profesorado, persoal non docente do centro e ex-alumnado de adultos de noite, reunímonos 16. Un bo número para comezar. Sigue aberto a que máis xente se incorpore cando as obrigas laborais ou familiares o permitan.
Non acabamos de definir a periodicidade das reunións porque entendemos que debe estar en base á esixencia da lectura que vaiamos realizar.
A primeira elixida é Berta de Concha Blanco. A reunión terémola o 28 deste mes para falarmos do libro e, afortunadamente, imos contar coa visita da autora para o 11 de novembro.
Parece que a cousa vai encamiñada. Iremos informando.