Para os que somos totales descoñecedores do mundo da Física, este libriño ofrécenos a oportunidade de entender dun xeito sinxelo o mundo cuántico da man do protagonista . Non é preciso ser ningún experto: basta con abrir a primeira páxina do libro e acompañar a Niko nunha viaxe que se inicia cunha frase provocadora:
"SE QUERES QUE SUCEDAN COUSAS DIFERENTES, DEIXA DE FACER SEMPRE O MESMO".
Non
imos destripar aquí o argumento do libro (para iso estás ti). Pero por
se aínda non estás moi decidido a iniciar este periplo polo mundo da
Física deixámosche algúns anacos de información que quizás che aclaren
as ideas.
Comezaremos polo VÍDEO OFICIAL de presentación do libro:
Se
espertou a túa curiosidade quizás che interese saber algo máis da
autora. Tes algúns datos sobre a súa traxectoria no propio libro: dicir
que é Doctora en Física pola Universidade de Barcelona e que na
actualidade cambiou o seu traballo investigador pola divulgación. Podes
coñecer mellor a súa obra se miras estoutro vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario