Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
21 de abr. de 2012
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB: 23 DE ABRIL
A viaxe a Valencia de parte do alumnado de 3º ESO obrigounos a pospoñer a data de reunión inicial para unha semana máis tarde. Así que será este luns 23 de abril o día en que nos xuntemos de novo os "Laretas" para comentar impresións trala lectura de "SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO " (título orixinal: THINK OF A NUMBER). Se queredes podedes coñecer ó autor nesta entrevista que lle fixeron no programa de televisión "Página 2" (ide ó minuto 6, 20")
Non deixa de ser unha feliz coincidencia que celebremos esta reunión o DÍA do LIBRO, e para ir quentando motores propoñemosvos que vaiades pensando nun título (ou nun autor) que vos marcara especialmente na vosa traxectoria como lectores.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario