A noite do Oso de Abel Tomé, foi o libro escollido como segunda lectura do Club de Lectura de adultos. O feito de que o autor sexa outiense e de que estudiara no propio instituto (fai anos, claro), animou un pouco a escoller tamén a lectura.
Como a tarde estaba fría, veu moi ben que acompañáramos a sesión dun chocolate quente e de algún que outro doce para conmemorar o Nadal que se aproxima xa.
Houbo disparidade de opinións con respecto ao libro, e houbo moitas máis respecto á interpretación da historia que nos conta nel. Dúbidas, especulacións, historias inacabadas, personaxes misteriosos...Cando nos visite o autor vai ter que contestar a moitas preguntas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario