Trala nosa derrareira xuntanza, arredor da noveliña de A. Fernández Paz "Corredores de sombra", tivemos ocasión de comprobar a variedade de opinións que a lectura desta obra suscitou: mentras que o sector máis adulto (profes) coincide en que se trata dunha novela de lectura agradable, cun argumento creíble e interesante que é capaz de manternos en vilo ata o final, os lectores máis novos (alumnos) opinaron que Corredores de sombra "está ben", déixase ler pero, sorprendentemente, tamén comentan que o argumento édemasiado simple e lineal e, ata certo punto, predecible.
Aínda así, a obra foi a disculpa perfecta para falar de multitude de temas: a música dos 70-80 (The Clash, Nirvana...), arquitectura galega (pazos e casas de indianos), a guerra civil e o exilio, as diferencias de clase ...
Para a vindeira reunión, do 16 de abril, Sergio Mayo propuxo a lectura de "SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO", un best-seller do norteamericano John Vernon. Se queredes podedes ler o comentario que no seu momento fixera Sergio neste mesmo blog. Clicade na portada do libro para velo
Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
20 de mar. de 2012
8 de mar. de 2012
OPINIÓNS DOS LECTORES
KIKA SUPERBRUXA REVOLUCIONA A CLASE de KNISTER
"É un libro divertido, na miña opinión, pero foi o que menos me enganchou da colección. É algo que se ve moito: os típicos alumnos que axudan á súa profesora torpe a pasar a inspección, aínda que neste caso sexa con poderes máxicos" (Alba 1º A)
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS de JOHN BOYNE
"Gustoume moito porque é unha historia moi bonita que trata sobre a inocencia dos nenos, e o egoísmo dos maiores. Foi un dos libros máis conmovedores que lin. Non me esperaba para nada este final pero de todos modos encantoume. Casi choro léndoo" (Alba, 1ºA)
ERAGON (a película)
"Encantoume. Simplemente iso. Encántanme este tipo de películas e libros, mitoloxía. Vou ler o libro e con el toda a saga. Sería unha pena que non fixeran máis pelis, xa que molaría seguir vendo e lendo as aventuras de Eragon e Shaphira." (Alba, 1ºA)
3 de mar. de 2012
REFERENCIAS CULTURAIS en "CORREDORES DE SOMBRA"
Sen pretender, nin moito menos, desvelar os segredos que contén "CORREDORES de SOMBRA", especialmente para aqueles de vós que aínda non rematáchedes coa lectura, sí que nos gustaría focalizar nas múltiples alusións que o autor vai facendo ó longo da narración a aspectos culturais referentes á musica, arquitectura e literatura. Vexamos algúns exemplos:
MÚSICA
A protagonista, en plena etapa de "rebeldía e autoafirmación" fuxe das melodías acarameladas que escoitaba a súa prima Loreto. Fronte ao mundo "rosa" habitado polos adolescentes cos que apenas ten relación en Vilarelle, ela prefire mergullarse nas letras reivindicativas de THE CLASH e o seu London Calling.
Pero tamén NIRVANA e os SMASHING PUMPKINS forman parte dos gustos musicais de Clara.
No libro Clara vive unha etapa de descubrimento en tódolos sentidos sendo o seu tío Carlosquen lle axuda a coñecer novos estilos musicais como o "blues" da man de John Lee Hooker ou Muddy Waters
ARQUITECTURA
En "Corredores de sombra", Agustín Fernández Paz dedica especial atención á descripción dos edificios nos que habitan os distintos personaxes da novela, como símbolos tamén das distintas clases sociais ás que pertencen. As imaxes que acompañan aos textos corresponden a lugares reais que non teñen que ver coa novela pero serven para darnos unha idea do tipo de edificacións nas que se desenvolve o relato.PAZO do PAI DE CLARA: "O pazo de Soutelo está no concello de Vilarelle e pentence á miña familia paterna desde que se construíu, mediado o século XVIII (...) É un edificio de dous corpos en forma de ele que sempre me pareceu inmenso, aínda que o realmente grandioso son as extensas terras amuradas que o rodean. (...) No portón do pazo , e tamén na súa fachada principal, estaba o escudo da familia, un brason labrado en granito, desafiando o paso do tempo. Bandeiras e cruces de pedra, presididas polo S coroado dos Soutelo, marcas todas dun pasado de grandeza..."(paxs. 14-16)
| Pazo da Pena do Ouro (Noia) |
| Pazo do Tambre (Outes) |
CASA DA FAMILIA NOVO:"Ao saírmos do taller, mamá e mais eu encamiñámonos á casa dos Novo. Non se podia nin comparar co noso pazo, claro, había unha diferenza abismal; pero era un dos edificios máis fermosos da vila, unha mansión ben representativa dese estilo colonial que é doado adoptar aínda en moitos lugares de Galicia. Estaba preto do parque, no centro dun terreo axardinado de pouca extensión, e salientaba dende lonxe pola elegante torre que se erguía no seu lado dereito" (p. 48)
| Casa de indianos na Mariña lucense |
CASA DE SEBASTIÁN: "Como Miguel aínda non aparecera entretívenme en contemplar a casa que iamos visitar. Noutro tempo debeu de ser unha das máis importantes de Vilarelle; aínda que as outras da praza se lle asemellaban, esta destacaba polo seu tamaño, pois case facía por dúas das que tiña arredor. Era tamén a única que posuía un xardín ao longo da fachada, se é que se lle podía chamar xardín a un espazo de dimensións cativas protexido por un cerrume enreixado, onde medraban varias roseiras e algunhas dalias ateigadas de flores de cor granate.
A casa non era alta, ningunha das da praza o era. Ademais da pranta baixa do piso principal, víase que debía ter outro segundo piso baixo e o tellado a catro augas, pois había unha ampla bufarda en cada un dos lados. O que máis destacaba da fachada eran os dous balcóns, con varandas de ferro case ocultas polas flores que medraban nas macetas (...). Tiña unha galería que ocupaba todo o ancho (...) (paxs. 110-111)
CASA DO BISAVÓ DE CLARA: A familia da túa avoa... era das máis ricas da vila. Non tiñan o poder dos Soutelo pero seguramente tiñán máis cartos. A seu pai chamábanlle o Cubano, fixera unha fortuna inmensa en Cuba. A casa do Cubano! Daba gloria vela, con aquelas torres que nunca por aquí se viran. Tiraron con todo a principios dos setenta para facer un bloque de pisos horrible; unha desfeita, (...)(p.116)
| Torre dos Moreno (Ribadeo) |
CASA DE MIGUEL: "A casa de Miguel non se atopaba lonxe do Pazo. En realidade, tratábase de dúas casad. A que daba á estrada era un edificio antigo, con baixo e unha planta, e cun lousado que se adiviñaba moi vello.( ...) Por detrás desta vivenda había outra de dous pisos, de construcción recente, que aínda tiña as paredes laterais sen recebar" (p. 60)
LITERATURA
Os libros son un ingrediente importante na trama. Clara descobre sorprendida que Miguel e máis ela comparten un interés pola lectura pouco habitual nos rapaces da súa idade("dos meus amigos eu son o único que non podería vivir sen ler", di nun momento dado Miguel (p. 52). Tratáse dunha afición que, en cada caso, lles foi contaxiada por algún membro da súa familia:
- o tío Carlos ábrelle a Clara as portas á literatura de Paul Auster co seu libro "O palacio da lúa" ou de James Joyce co Retrato do artista cando novo.
- No caso de Miguel, a herdanza do seu bisavó Ismael, encadernador e amante da lectura, lle chega en forma do cofre cheo de libros que conseguiron salvar da queima masiva de literatura que se levou a cabo durante a guerra civil: Poe, Dickens, Dostoiewski; Flaubert , Verne... e tamén autores galegos como Castelao, Cabanillas ou Curros Enríquez.ocupan un espazo especial na casa de Miguel
Pero ademais, en "Corredores de sombra" Clara, a protagonista, loita por rescatar da memoria a historia da súa familia e a propia historia de Vilarelle (fronte ao seu pai que pretende esquecer todo e botar terra por riba ao caso do cadáver emparedado). Agustín Fernández Paz toma o título desta obra do poeta José Angel Valente:
A memoria é poderosa, pero tamén é fráxil e argalla trampas para que vaiamospor onde a ela lle convén. "A memoria ábrenos luminosos corredores de sombra". (p.12)
Atopamos tamén unha referencia á poeta polaca , Premio Nobel de Literatura en 1996, Wislawa Szymborska, á que Clara alude tras ler unha das cartas que lle escribiu Rafael á súa avoa dende o escondite do pazo. A protagonista lembra uns versos do poema "AS CARTAS DOS DIFUNTOS" :
Leemos las cartas de los difuntos como impotentes dioses,
pero dioses a fin de cuentas porque conocemos las fechas
posteriores.
Sabemos qué dinero no ha sido devuelto.
Con quién se casaron rápidamente las viudas.
Pobres difuntos, inocentes difuntos,
engañados, falibles, ineptamente precavidos.
Vemos los gestos y las señas que hacen a sus espaldas.
Cazamos con el oído el rumor de los testamentos rotos.
Están sentados frente a nosotros, ridículos, como en panecillos
con mantequilla,
o se echan a correr tras los sombreros que vuelan de sus cabezas.
Su mal gusto, Napoleón, el vapor y la electricidad,
sus mortales curas para enfermedades curables,
el insensato Apocalipsis según San Juan,
el falso paraíso en la tierra según Juan Jacobo...
Observamos en silencio sus peones en el tablero,
sólo que tres casillas más allá.
Todo lo previsto por ellos salió de una manera totalmente
diferente,
o un poco diferente, es decir, también totalmente diferente.
Los más diligentes nos miran ingenuamente a los ojos,
porque hacían cuenta de que encontrarían en ellos la perfección.
De "Si acaso" 1972

2 de mar. de 2012
VÉMONOS O 5 DE MARZO con CORREDORES DE SOMBRA
Aínda que ultimamente teñamos un tanto abandonado o noso blog, a actividade do club continúa a bo ritmo. Trala interesante e intrigante lectura do "Misterio do cuarto amarelo" (que satisfizo á meirande parte dos membros do club) quedamos emplazados para o vindeiro LUNS, 5 DE MARZO coa lectura da novela de Agustín Fernández Paz...
"CORREDORES DE SOMBRA".
6 de feb. de 2012
PRÓXIMA REUNIÓN: O MISTERIO DO CUARTO AMARELO (G. Leroux)
Na última reunión do club arredor de "As sete mortes", estivemos a falar entre outras cousas dos libros que menciona o autor. Un deles comparte co libro de Carlos Vila Sexto un inicio similar: un asasinato cometido nun recinto no que, aparentemente, so se atopa a vítima e do que é imposible escapar. A cousa promete...
Para ir quentando motores, se premes AQUÍ accederás a un interesante documento que nos ofrece o Club de Lectura El Grito (de Albacete).
Para ir quentando motores, se premes AQUÍ accederás a un interesante documento que nos ofrece o Club de Lectura El Grito (de Albacete).
Esperemos que as nosas espectativas sobre O MISTERIO DO CUARTO AMARELO de Gaston Leroux se vexan cumpridas . Vémonos!
15 de xan. de 2012
CARLOS VILA SEXTO: "As sete mortes"
O AUTOR
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia.Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluido na Antoloxía do conto de medo galego, una selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia
Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo (Antena 3), Motivos personales (Telecinco), Círculo Rojo (Antena3) e Los misterios de Laura (TVE).
En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tintes de misterio ambientada en Galicia Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO.
Obra
- Alén da aventura, Colección Árbore da Editorail Galaxia (1992).
- Gárgola, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia(1993).
- Cara á fin da luz, Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais (1995).
- O baúl, relato incluido na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).
- As sete mortes, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia (2009).
Fonte: Editorial Galaxia e Galipedia
SINOPSE DA NOVELA
Os protagonistas da historia, un misterioso home de pasado incerto e unha incrible facilidade para sobrevivir e unha restauradora afectada por un trauma persoal, emprenden unha viaxe que dende Ourense lévaos por toda Galicia pasando por Lugo, O Courel, Fisterra e Santa tegra ata a Torre de Hércules. Unha viaxe desesperada que é ao mesmo tempo unha fuxida para salvar a súa vida e unha procura da súa propia identidade seguindo as pistas atopadas nun antigo pergamiño no que a lenda dos descendentes de Breogán transfórmase en realidade.
| ||
| Percorrido dos protagonistas |
ALGÚNS DOS LUGARES MENCIONADOS en " As sete mortes"
| Parador Nacional de Tui e Río Miño |
OURENSE
A noite estaba cuberta, polo que a silueta da catedral case non se distinguía. Xacobe coñecía poucas coma a de Ourense. Sen unha torre chamando ás portas do ceo, sen unha praza desde onde contemplala, a catedral ficaba en silencio...(p. 17)
| Catedral de Ourense |
Saiu da estación loitando por non perder a consciencia a cada paso que daba. Un par de taxis agardaban na entrada (p. 26).
| Estación de tren de Ourense |
- O Colexio dos Salesianos...
- Traballei aquí hai anos, coidando o xardín. Este era o meu cuarto ... (di Xacobe) (p.66)
- Traballei aquí hai anos, coidando o xardín. Este era o meu cuarto ... (di Xacobe) (p.66)
| Salesianos de Ourense |
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tras abandonar o coche no aparcadoiro da estación de tren, camiñaron en silencio polas rúas de Santiago, que pouco a pouco ían cobrando vida (p.72)
Ricardo, Natalia e Xacobe atravesaban o Obradoiro, a choiva rebotaba contra as pedras da praza e da catedral, dando un brillo especial a todas elas, coma se estivesen vivas.... Aceleraron o paso entre as rúas, estreitas e labirínticas ata chegar á Rúa Nova (p.84)
BURELA (LUGO)
Ás seis da tarde, Federico aparcaba a súa furgoneta xunto ao bar de Cangas de Foz (...)Xacobe mirou arredor. Estaban xunto á estrada, na porta dun bar chamado O Recuncho. Había unhas cantas casas espalladas ao longo da calzada. Non moi lonxe, as montañas erguíanse maxestosas, e unha néboa espesa empezaba a formarse nos cumios(p.101-2)
LUGO
Cruzou o arco e detívose aos seus pés. Na cara do interior había un pequeno oco no arco. Nese oco, a uns catro metros sobre o chan, descansaba a imaxe do apóstolo santiago da que Natalia falara (p. 124)
O COUREL (LUGO)
Xacobe tentou distinguir algo a través da ventá, pero era inútil. Os faros iluminaban unha densa néboa que case non podían atravesar. Natalia conducía con precaución, suxeitando o volante con firmeza, mentres o coche baixaba por unha estrada estreita e serpenteante que semellaba trazada por un mono bébedo subido a unha montaña rusa(...) Por un intre os faros do coche iluminaron un pequeno cartel a un lado da estrada. "LU-651. Km. 12." (p. 149)
FINIS TERRAE
Xacobe deixou sobre a barra o diñeiro das dúas cervexas. Mentres as levaba á mesa onde Fiz agardaba, sentiu as olladas furtivas que os clientes lles adicaban... Naquel local de Cee, os homes, pescadores na súa maioría, levaban xa un par de horas botando a partida, igual que fixeran toda a súa vida (p. 199)
A furgoneta saiu a campo aberto. A estrada nacional pola que avanzaban converteuse nunha comarcal que serpeaba paralela á costa. Xacobe tensou as mans arredor do volante cando sentiu a presenza do mar. Aos seus oídos chegaban os sons das ondas rompendo contra os acantilados de Fisterra, o cabo máis oriental do país, onde os romanos pensaban que morría o mundo. (p.202)
SANTA TEGRA (A Guarda- Pontevedra)
Ás sete da tarde, o Peugeot subía pola sinuosa estrada que conducía ao cumio do monte Santa Tegra. Desde o asento do copiloto, Natalia tiña unha vista inmellorable do mar, que a cada curva aparecía máis vasto e triste(...) Deixaron o coche á beira do camiño, tras unha pequena casa de pedra. Percorreron os douscentos metros que os separaban do antigo asentamento celta, e ao velo, Xacobe detívose, impresionado ao observalo. Decenas de construcións estendíanse nuns mil metros cadrados de terreo irregular. (...) Entre todos os círculos de pedra, só había un totalmente restaurado, con muros altos e un tellado que o protexía da choiva e o vento...(p.242-3)
TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)
Co corazón encollido, Natalia guiou a nave, resgardada polas dúas paredes de auga, tras as que o mar rompía con violencia pero incapaz de traspasar a barreira que o canto de Xacobe levantara. Nada máis abandonar o barco e poñer un pé en terra firma, as ondas pecháronse sobre o paso que abriran. (...) Sen dicirse nada, os dous observaron como a tempestade golpeaba sen clemencia a impoñente figura da Torre de Hércules. (p. 277)
Natalia sentiu como os seus pés deixaban de pisar as pozas que se formaban na terra e pasaban a pisar unha superficie máis dura. Estaban sobre a Rosa dos Ventos, un mosaico circular de pedra de vinte e cinco metros de diámetro. No círculo aparecían representados os puntos cardinais e as súas bisectrices, coma un enorme compás. (p. 278)
A MÚSICA do LIBRO
Eran case as tres da mañá cando Xacobe e Natalia deixaban atrás as luces de Lugo. Ela sentou no asento do copiloto para tentar botar unha cabezada, pero os seus ollos resistíanse a pecharse.
A radio case non captaba emisoras, así que decidiu buscas algunha cinta na guanteira. (...) natalia escolle unha cinta ao azar e meteuna. Unha gaita comezou a soar lenta, docemente. Era a melodía d'Irmandade das estrelas. (p. 143)
Tras abandonar o coche no aparcadoiro da estación de tren, camiñaron en silencio polas rúas de Santiago, que pouco a pouco ían cobrando vida (p.72)
| Estación de tren de Santiago |
Ricardo, Natalia e Xacobe atravesaban o Obradoiro, a choiva rebotaba contra as pedras da praza e da catedral, dando un brillo especial a todas elas, coma se estivesen vivas.... Aceleraron o paso entre as rúas, estreitas e labirínticas ata chegar á Rúa Nova (p.84)
| Praza do Obradoiro e Catedral de Santiago |
| Rúa Nova |
Ás seis da tarde, Federico aparcaba a súa furgoneta xunto ao bar de Cangas de Foz (...)Xacobe mirou arredor. Estaban xunto á estrada, na porta dun bar chamado O Recuncho. Había unhas cantas casas espalladas ao longo da calzada. Non moi lonxe, as montañas erguíanse maxestosas, e unha néboa espesa empezaba a formarse nos cumios(p.101-2)
| Cangas de Foz |
| Vilasindre (Burela) |
Cruzou o arco e detívose aos seus pés. Na cara do interior había un pequeno oco no arco. Nese oco, a uns catro metros sobre o chan, descansaba a imaxe do apóstolo santiago da que Natalia falara (p. 124)
| Porta de Santiago na muralla de Lugo |
Poucos minutos tras a posta de sol, os últimos visitantes do Museo Provincial de Lugo saíron do edificio.
Natalia e Xacobe avanzaron ata a entrada traseira (...) Detivéronse ao chegar a unha sala ampla onde había un inmenso mosaico no chan.
- ¿Que é isto?- preguntou Xacobe.
-O mosaico de Armañá. A única peza deste estilo que nos deixaron os romanos sobre a escena de Dédalo e Pasifae.(paxs. 134-5)
| Mosaico de Armañá (Museo Provincial de Lugo) |
Xacobe tentou distinguir algo a través da ventá, pero era inútil. Os faros iluminaban unha densa néboa que case non podían atravesar. Natalia conducía con precaución, suxeitando o volante con firmeza, mentres o coche baixaba por unha estrada estreita e serpenteante que semellaba trazada por un mono bébedo subido a unha montaña rusa(...) Por un intre os faros do coche iluminaron un pequeno cartel a un lado da estrada. "LU-651. Km. 12." (p. 149)
![]() |
| LU-651 |
Xacobe deixou sobre a barra o diñeiro das dúas cervexas. Mentres as levaba á mesa onde Fiz agardaba, sentiu as olladas furtivas que os clientes lles adicaban... Naquel local de Cee, os homes, pescadores na súa maioría, levaban xa un par de horas botando a partida, igual que fixeran toda a súa vida (p. 199)
| Porto de Cee |
| Cabo Fisterra |
Ás sete da tarde, o Peugeot subía pola sinuosa estrada que conducía ao cumio do monte Santa Tegra. Desde o asento do copiloto, Natalia tiña unha vista inmellorable do mar, que a cada curva aparecía máis vasto e triste(...) Deixaron o coche á beira do camiño, tras unha pequena casa de pedra. Percorreron os douscentos metros que os separaban do antigo asentamento celta, e ao velo, Xacobe detívose, impresionado ao observalo. Decenas de construcións estendíanse nuns mil metros cadrados de terreo irregular. (...) Entre todos os círculos de pedra, só había un totalmente restaurado, con muros altos e un tellado que o protexía da choiva e o vento...(p.242-3)
| Monte Santa Tegra (A Guarda) e " o fillo de Irimía" (o Miño) |
![]() |
| Castro de Santa Tegra |
TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)
Co corazón encollido, Natalia guiou a nave, resgardada polas dúas paredes de auga, tras as que o mar rompía con violencia pero incapaz de traspasar a barreira que o canto de Xacobe levantara. Nada máis abandonar o barco e poñer un pé en terra firma, as ondas pecháronse sobre o paso que abriran. (...) Sen dicirse nada, os dous observaron como a tempestade golpeaba sen clemencia a impoñente figura da Torre de Hércules. (p. 277)
Natalia sentiu como os seus pés deixaban de pisar as pozas que se formaban na terra e pasaban a pisar unha superficie máis dura. Estaban sobre a Rosa dos Ventos, un mosaico circular de pedra de vinte e cinco metros de diámetro. No círculo aparecían representados os puntos cardinais e as súas bisectrices, coma un enorme compás. (p. 278)
A MÚSICA do LIBRO
Eran case as tres da mañá cando Xacobe e Natalia deixaban atrás as luces de Lugo. Ela sentou no asento do copiloto para tentar botar unha cabezada, pero os seus ollos resistíanse a pecharse.
A radio case non captaba emisoras, así que decidiu buscas algunha cinta na guanteira. (...) natalia escolle unha cinta ao azar e meteuna. Unha gaita comezou a soar lenta, docemente. Era a melodía d'Irmandade das estrelas. (p. 143)
LITERATURA en AS SETE MORTES
Laura quedou pensativa uns segundos. As palabras saíron da súa boca nun murmurio.
- O cuarto amarelo...
-¿Que?
-"O misterio do cuarto amarelo". No libro, o asasino tenta acabar coa súa vítima nun cuarto no que ninguén o vira entrar nin saír, e no que a vítima estaba soa ata o momento de pecharse dentro (p. 13)
![]() | ||
| de Gaston Leroux |
A Xacobe todo lle parecía real e irreal a un tempo. Tiña a sensación de estar caendoa través da tobeira do coello branco e agora non sabería saír daquel país de marabillas
(p. 167).
![]() |
| de Lewis Carroll |
Fiz non deixaba de mirar arredor, impresionado.
-Semella "Grandes esperanzas"...
-¿Como?
-"Grandes esperanzas" a novela de Dickens. Nela hai un personaxe, a señora Havisham, que vive nunha mansión igual que esta. A muller está como unha cabra e ten toda a casa feita un cristo...como se o tempo se detivese no seu interior (p.203)
Á súa mente acudiu a imaxe dunha das súas historias favoritas: o Conde de Montecristo, Edmundo Dantés, que xunto co abate Faria, outro preso dunha cela próxima, tentou escavar un túnel durante anos para fuxir da prisión de If (p. 208-9)
MITOLOXÍA E SIMBOLOXÍA CELTA
Dende o IES Lagoa de Antela de Xinzo, chéganos ESTE DOCUMENTO elaborado polos lectores do seu club, e que nos pode axudar a aclarar algúns dos aspectos da temática do libro relacionados cos mitos do mundo celta.
(Xacobe)colleu a marcada co Awen. Este é o do druida.(p. 247)
|
|
-A espiral ... é un dos símbolos máis antigos da humanidade. Acostúmase asociarse co sol, coa vida...e a reencarnación.(p.247)
13 de xan. de 2012
CALENDARIO DE REUNIÓNS do CLUB
Un recordatorio dirixido a todos os que temos tendencia a esquecernos das datas. Estas son as previstas para as vindeiras reunións do club neste curso.
Ide anotándoas na axenda!
3ª REUNIÓN: 16 DE XANEIRO
4º REUNIÓN: 6 DE FEBREIRO
5ª REUNIÓN: 5 MARZO
6ª REUNIÓN: 16 ABRIL
7ª REUNIÓN: 14 DE MAIO
8ª REUNIÓN: 11 DE XUÑO
BOA NOVA !!
Xa estamos de volta das vacacións de nadal!. Moitos somos da opinión de que pasaron voando, sen apenas decatarnos. Pero seguro que, entre xantar e xantar, reunións familiares e compras frenéticas de regalos, tivemos tempo para ler un libro que nos recomendaron, ou para rematar aquel que levaba tempo ó carón da cama. Se así foi efectivamente, e credes que algunha desas lecturas pagou a pena, non deixedes de recomendarlla ás vosas amizades, familiares ou compañeiros do club "Laretas".
Lembrade que a próxima reunión terá lugar este luns 16 de xaneiro. Falaremos da novela de Carlos Vila Sexto " As sete mortes"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)