Por se fosen de utilidade, deixamos os enlaces aos materiais elaborados este ano: guías de lectura e cine así como das dúas viaxes realizadas polo Club.
GUÍAS dos LIBROS:
GUÍA da PELÍCULA
GUÍAS das VISITAS CULTURAIS
Para ler, para falar, para escoitar, para soñar, para entreterse, para saber, para pensar, para ser...
Por se fosen de utilidade, deixamos os enlaces aos materiais elaborados este ano: guías de lectura e cine así como das dúas viaxes realizadas polo Club.
GUÍAS dos LIBROS:
GUÍA da PELÍCULA
GUÍAS das VISITAS CULTURAIS
Trala lectura do libro de Antía Yáñez, decidimos achegarnos no remate do curso -nun caloroso 27 de xuño- ata Portomarín. Xunto co alumnado pertencente ao Club de Teatro, os Laretas aproveitamos a viaxe para dar un paseo pola Muralla Romana de Lugo e achegarnos ó Vello Cárcere (visita moi recomendable, por certo!)
En Portomarín, tivemos unha "cicerone" de excepción: Candela, alumna do IES Fernando Blanco de Cee e filla do último bebé nacido no vello Portomarín. Con ela revivimos as historias que oira aos seus avós a trasladámonos ós lugares nos que transcorre a acción de "O misterio de Portomarín".
Preme na imaxe para ver o vídeo que recolle distintos momentos da nosa viaxe.
O MISTERIO DE PORTOMARÍN é a noveliña de Antía Yáñez que propuxemos para a vindeira reunión do club o día 25 de abril. Para ir abrindo o apetito lector deixamos este "booktrailer" elaborado pola rapazada do IES de Mugardos.
Iniciamos o curso 22-23 cun único grupo no Club de lectura formado por 8 rapazas e rapaces de 1º a 3º ESO. BENVIDAS e BENVIDOS !! . Vi ser un grupiño reducido pero que ven con moita forza e moitas gañas de ler e descubrir títulos interesantes... como este!
" El rastro brillante del caracol" de Gemma Lienas foi primeira lectura seleccionada para este curso: trátase dun interesante "thriller" no que se mestura a relación de Sam, un rapaz con síndrome de Asperger e cun talento excepcional para todo o que ten que ver cos ordenadores, con Martina.
Para ir facendo boca, deixamos este vídeo no que a propia autora do libro fala del sen desvelar detalles importantes da trama.
Estes foron os títulos lidos neste curso nos dous grupos do Club. Quedan aquí os triticos que elaboramos con información e cuestións sobre os libros por se lle interesan a alguén.
Tamén incluimos a guía da película vista no primeiro trimestre e o trítico do roteiro literario que acompañou á nosa visita a Pontevedra no mes de abril.
1. Guías dos LIBROS
2. Guía da PELÍCULA
3. Guía da SAÍDA CULTURAL a PONTEVEDRA
Deixamos aquí os enlaces a cada unha das guías correspondentes ós libros, películas e roteiro levado a cabo este curso no Club.
1. Guías dos LIBROS
§ Prohibido
leer a Lewis Carroll
2. Guías das PELÍCULAS
§ Cobardes
3. Guía da SAÍDA CULTURAL a RIBADAVIA Roteiro da MEMORIA
A lectura de MEMORIA do SILENCIO de Eva Mejuto levounos o pasado 28 de xuño a visitar Ribadavia e coñecer algúns dos escenarios descritos no libro.
Da man de Agustín Fernández Paz e do seu libro AS FLORES RADIOACTIVAS, achegámonos á problemática que representan os refugallos radioactivos e ás súas consecuencias no medio ambiente.
A protagonista do relato, Alba, mergúllase de cheo na loita que, encabezada por asociacións ecoloxistas como GREENPEACE e ADEGA, levou a un movemento xeralizado de rexeitamento na sociedade galega nos anos 80, cando boa parte dos países europeos desfacíase dos seus resíduos nucleares chimpándoos na chamada Fosa Atlántica, a unhas 300 millas de Fisterra.
Se queres documentarte acerca destes acontecementos, tes aquí un vídeo e varios enlaces que falan da problemática e das secuelas, aínda por estudar, desta acción humana sobre o medio natural.
Como colofón ás actividades deste primeiro trimestre, mañán luns 21 de decembro, xuntarémonos desta volta para o visionado da película COBARDES, de José Corbacho e Juan Cruz. A perspectiva destes dous directores serverá para afondar máis no debate e na reflexión que iniciamos coas Laretas de 3º trala lectura de O QUE SEI DO SILENCIO.
Deixamos aquí unha breve guía da película (Preme na IMAXE).
Que gocedes da proxeción!!
...é o título escollido para iniciar os faladoiros literarios 20-21 coas Laretas de 3º ESO. Mañán luns 30 xuntarémonos para intercambiar opinións e partillar impresións trala lectura.
Para ir quecendo, deixamos aquí un par de enlaces:
Aquí comeza unha nova andaina do Club de Lectura con 8 Laretiñas de 1º e 2º e 5 Laretas de 3º, este curso prantándolle cara (ou máscara) ó coronavirus e mantendo as preceptivas medidas de seguridade.
Desta volta, os Laretiñas intercambiaron impresións e anécdotas derivadas da lectura de "Prohibido leer a Lewis Carroll", un libro de Diego Arboleda -ilustrado por Raúl Sagospe- que dou moito xogo.
Por se vos interesa lelo, deixamos unha breve guía de lectura premendo NESTE ENLACE.