"DIVERGENTE"
"Encantoume dende a primeira páxina.É un libro moi fácil de ler. Paseime toda a noite en vela lendo xa que é un libro que engancha, parecido a "Los juegos del hambre" pero con outras bases. Na miña opinión é mellor este. Ë un libro cheo de acción pero ante todo unha historia de amor preciosa. Recoméndollo a todo o mundo ó que lle guste ler: asegúrovos que vos vai encantar".
"Debo dicir que me gustou máis a primeira parte, non porque esta teña algunha carencia, todo o contrario, senón porque os protagonistas, a parella sentimental, sempre se están pelexando; iso si, dicir que acaban reconciliándose.
Con máis acción e intriga que a primeira entrega desta fabulosa triloxía, non me disgustou para nada".
PERSONAXES e MÁIS INFORMACIÓN
"O meu personaxe favorito é Tobías, o mozo da protagonista, tamén coñecido como Cuatro, pero non vos desvelarei o segredo que garda ese nome: tedes que descubrilo lendo o libro. Tamén me guatou moito o personaxe de Tris, a protagonista, porque a medida que vas lendo podes observar que crece moito como persoa, tanto a nivel emocional como a nivel intelectual.
A terceira entrega sairá a finais deste ano, mentres que a adaptación á gran pantalla púxose en marcha este mesmo mes, polo que espero con impaciencia o 22 de outubo deste ano para o último libro da triloxía e o 21 de abril do ano que vén para poder ver a película."
Ningún comentario:
Publicar un comentario